25/12/08

Chandebrito nos medios: Unha parella, atemorizada por ameazas


Un matrimonio da parroquia de Chandebrito, en Nigrán, vive atemorizado polos seus veciños. O seu coche apareceu en chamas durante a pasada madrugada dentro do galpón anexo á súa vivenda. Foi a última ameaza que tiveron que soportar, cando aínda non se borrou do muro da súa casa a pintada na que se pode ler «Gora ETA, ides morrer».


Seguir lendo na Voz de Galicia

18/12/08

Chandebrito nos medios: Pendente o macro xuizo polos altercados veciñais


Sete años despois dos incidentes veciñais ocorridos en Chandebrito, o xuízo, que sentará no banco a 37 imputados está a espera dun sinalamento. Xa se deu traslado as defensas para os escritos de cualificación duns feitos que suporán o primeiro ’macro xuízo’ que se celebra en Vigo.


Seguir lendo no Atlántico Diario


Propostas o alcalde para a mellora do transporte


O tema da xestión para a mellora do transporte publico en Chandebrito ven sendo unha das nosas prioridades o longo do ano 2008, e terá que seguir sendo o longo do 2009 visto o lento que avanza o tema. Dende a asociación levamos presentados multitude de escritos no concello de Nigrán e na dirección xeral de transportes da consellería de política territorial, ademais de varias reunións con ambas entidades para tratar este asunto, avanzando ben pouco ata o momento.



Pero coñecendo que a consellería de transportes xa entregou o concello a proposta de convenio para por en marcha o plan de transporte metropolitano da area de Vigo, vimos de ter unha ultima reunión co alcalde o xoves día 11 de decembro para tratar exclusivamente o tema do transporte en Chandebrito, a onde acudimos cunha serie de propostas, que de adoptarse algunha delas ou todas no seu conxunto, serviría para paliar o deficitario servicio de transporte que temos hoxe en día.


Despois da reunión mantida, parece que o concello intentara por solución adoptando algunha das propostas que presentamos, esperamos que así sexa e non teñamos que chegar o ano 2010 sen un servicio de transporte adecuado para a nosa parroquia.


10/12/08

Instalación do repetidor de TDT nas Rozadas


A asociación leva practicamente un ano intentando que se poña o repetidor de TDT nas Rozadas pois coa chegada do apagado analóxico os barrios de Pracins e Rozadas quedaran sen televisión, polo que consideramos moi importante acometer canto antes a instalación de dito repetidor.


Despois da presentación dunha primeira solicitude no concello en xaneiro e que posteriormente en sesión plenaria do concello tomouse por unanimidade o acordo de “dirixirse á Secretaría Xeral de Comunicación instándoa a que a próxima resolución de subvencións para a cobertura do sinal TDT cubra o 100 % dos gastos necesarios, garantido a cobertura do 100 % da poboación do Concello de Nigrán antes do 31 de decembro de 2008”.



Polo tanto a punto de rematar o ano 2008 sen ningún cambio, voltamos a presentar unha nova solicitude ante o concello para que a maior brevidade posible se realicen as xestións, para a instalación do repetidor, para que os barrios de Pracíns e As Rozadas poidan dispor por fin da TDT.