16/1/09

Curso práctico de cesteria

A Asociación Veciñal e Cultural “Chandebrito 1807” oferta un curso práctico de cestería que comezará o próximo sábado día 7 de febreiro, para que calquera persoa interesada poida aprender a confeccionar artesanalmente todo tipo de cestas con vimbios ou outros materiais. Para elo, pódese obter máis información ou inscribirse no teléfono 620097930 ou escribindo un correo electrónico ao enderezo chandebrito1807@gmail.com

Esta Asociación considera que este é un aspecto interesante do mundo rural tradicional e desexa promover con esta iniciativa a posta en valor dos oficios tradicionais e que non se perda esta parte da cultura galega.

14/1/09

Novo centro en Nigrán da rede de dinamización da sociedade da información


O concello de Nigrán ven de inaugurar este luns 12 de xaneiro de 2009, en colaboración coa Consellaría de Innovación e Industria un novo Centro de Dinamización da Sociedade da Información , que se sitúa na Rúa Curros Enríquez, no 3, baixo, enfronte do colexio Humberto Juanes.

Compoñen o equipamento da aula quince ordenadores, con lectores de DNI e cámaras web, 2 impresoras, un proxector, unha cámara de fotos dixital e un escáner. A configuración do equipamento é totalmente en software libre, ademais contara cunha técnica para resolver e achegar a poboación as Novas Tecnoloxías. O novo centro tamén acollerá diversos obradoiros de índole tecnolóxica variada, como poden ser de iniciación á Internet, á Informática ou a outras ferramentas.

Para que toda aquela xente da parroquia que este interesada en iniciarse nas novas tecnoloxías, resolver dubidas que nos xorden co seu uso ou mesmo ter un local onde poder facer traballos e consultar información equipado co equipamento axeitado, esta e unha gran oportunidade para meterse de cheo no mundo das tecnoloxías, tan necesarias hoxe en día.

O horario de funcionamento do centro será o seguinte:

-Luns a xoves: de 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas.

-Venres: de 9:30 a 15:00 horas.

Todas as persoas que desexen máis información poden solicitala no teléfono: 986366765.

1/1/09

Chandebrito nos medios: O longo dos anos


Coa chegada dun novo ano dende a asociación queremos deixarvos un pequeno agasallo, cun pequeno traballo feito para recompilar os titulares aparecidos nos medios de comunicación da bisbarra, Faro de Vigo, Atlántico Diario ou a Voz de Galicia, no período comprendido entre 1953 e 2008, onde Chandebrito aparece directamente como centro da nova ou dunha forma indirecta aínda que relacionado coa nosa parroquia.


Pulsar na foto para descargar o arquivo


Sendo o primeiro titular do que temos constancia do ano 1953 para constatar o inicio dos traballos de electrificación en Chandebrito, deixamos un pequeno extracto da nova “Parece ser que la parroquia de Chandebrito, única de este termino que esta sin electrificar, lo va a ser muy pronto, púes ya se acometieron algunos trabajos. Pero como la medida es muy importante, los vecinos se desesperan dada la lentitud de los trabajos, debían acelerarse tales trabajos para que esta simpatica parroquia tenga los beneficios de que ya gozan las demás.”, non tendo constancia ata finais dos 70 da seguinte, cun pequeno incremento ata os anos 2000 onde xa empezan a aparecer bastantes novas.


Co remate do ano 2008 demos por concluído momentaneamente este traballo, a espera de ir recompilando a dos vindeiros anos e encontrar algunhas novas anteriores o citado ano, pois sempre se escapan algunhas, polo que se coñecedes algún titular que se nos escapou podedes facérnolo chegar a través do correo electrónico, para a ampliación do traballo. Que vos guste e feliz ano 2009