18/11/09

O concello olvidase de Chandebrito


Visto o anuncio público realizado polo Concello de Nigrán a finais do pasado mes de outubro en relación ás obras a realizar con cargo ao novo da Deputación de Pontevedra, que adxudica ao municipio algo máis de un millón de euros ata o ano 2011, confírmanse as sospeitas da Asociación “Chandebrito 1807” en relación á non inclusión polo goberno municipal das obras de mellora do Camiño da Lapela -conexión entre Chandebrito e Valadares- nin ningunha outra obra necesaria na parroquia de Chandebrito a través do citado Plan

Consideramos un engaño aos veciños/as o comunicado realizado polo Concello o 31 de outubro nalgún medio de comunicación, no que se informa de que a través do Plan mencionado se pavimentarán viais en tódalas parroquias ademáis das obras da rede xeral de sumidoiros nesta parroquia, cando a realidade é que non se valorou ningunha obra en Chandebrito e en canto a segunda fase do saneamento execútase na actualidade por parte da Consellería de Política Territorial da Xunta; polo que existe un agravio comparativo.

Entendemos desde esta Asociación que a mellora do vial a Valadares é unha das obras consideradas máis necesarias na parroquia de Chandebrito e das máis demandadas polos veciños/as, polo que en moitas ocasións esta Asociación solicitou ao Concello que se fixesen as xestións oportunas para acondicionar o vial; pero polo visto algúns membros do goberno municipal prefiren invertir cartos públicos en acondicionar torreiros de festas, que incluso nin son públicos nin dos veciños, como é o caso do da Ramallosa. Creemos que as prioridades deben centrarse na realización de obras de acceso aos núcleos de poboación e comunicación entre municipios, algo ao que están obrigados os concellos.

Creemos ademáis que é lamentable que o grupo municipal socialista non pense para nada nas demandas históricas nin sexa consecuente co que di, xa que presentou unha moción no pleno do 28/12/2004 co fin de realizar esta obra, polo que non é lóxico que agora non atendan esta proposta, algo que beneficiaría a todos, ao tratarse dun vial que comunica dous municipios.

Tamen se pode leer na Voz de Galicia


II xornadas micolóxicas de Chandebrito


O vindeiro domingo dia 22 de novembro está prevista a II xornada micoloxica de Chandebrito, sempre que o tempo o permita, para a recollida e identificación de cogumelos na que nos guiará, ao igual que o ano pasado, Jose Luis Tomé, membro da Federación Galega de Micoloxía.


- Data: domingo 22 de novembro

- Hora: 10:00 da mañá

- Lugar: Colexio Estudio - Chandebrito (Nigrán)