23/1/14

curso de cestería rectangular con vimbio

A Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807, ante o éxito de participación noutras edicións e coa finalidade de recuperar e poñer en valor un dos oficios tradicionais máis sobresaíntes no lugar, convoca un novo curso de cestería, neste caso especializado na cestería rectangular con vimbio, que comezará o vindeiro luns dia 10 de febreiro e que se desenvolverá no local desta Asociación (Escola infantil de Chan de Brito, Rúa da Igrexa, núm. 2) tódolos luns de febreiro e marzo de 18.00 a 20.30 (20 horas).



O curso impartirase polo mestre cesteiro vigués Rúben Berto Covelo.



As inscricións realizaranse ata o xoves dia 6 de febreiro, coa admisión dun máximo de 10 persoas.

O prezo é de 25 euros mensuais por persoa.

Para obter unha maior información ou inscribirse, os interesados poden contactar no teléfono núm. 667 380 223 ou a través do correo electrónico chandebrito1807@gmail.com .

2/1/14

Xestións ante o Concello para realizar varias actuacións necesarias

XESTIÓNS ANTE O CONCELLO DE NIGRÁN PARA REALIZAR VARIAS ACTUACIÓNS NECESARIAS NA PARROQUIA DE CHANDEBRITO:



Dende a Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807", vimos de solicitar novamente, coas sinaturas de ducias de veciños da localidade, que se adopten medidas urxentes para solucionar os seguintes asuntos na parroquia de Chandebrito, os cales xa se puseron en coñecemento da Concellería d...e Vías, Obras e Servizos dende hai tempo; manténdose ademáis unha xuntanza co responsable desta área o pasado luns dia 23 de decembro, na que este se comprometeu a realizar as actuacións necesarias nos vindeiros meses:



- Reparación e/ou substitución de reixas de arquetas de augas pluviais rotas perigosas, na R/ Laxese Rúa da Igrexa.



- Reposición total de asfalto no tramo do camiño da Subida a Mirador Castro – pista de Lapela ao Monte Alba situado na ladeira Noroeste da canteira; e ensanchar a sección en varias curvas.



- Xestións ante a Consellería do Medio Rural para o arranxo de 3 camiños forestais no barrio da Igrexa, cuestión demandada por varios veciños que non poden acceder ás súas fincas.



- Mellora dos accesos do Camiño de Cordiñas.



- Trasladar ao lugar máis axeitado o poste sito no cruce da Rúa das Laxes coa Rúa do Torreiro, xa que quedou dentro desta última vía pública con motivo da obra de ensanche da mesma por parte do Concello no 2003 e constitúe un importante obstáculo e supón un grave perigo tanto para os vehículos como para os peóns que circulan pola zona (solicitado dende o 2009).



- Ensanche da curva na R/ Laxes no cruce de acceso ao Colexio Estudio (perigo por falta de visibilidade no acceso). Arranxar Camiño campo de fútbol – Colexio.



- Requerir á Deputación a execución do proxecto da obra de ensanche da Rúa de Pracíns (E.P. 2102 Vincios – Nigrán), ou cando menos, as curvas á altura dos nº. 1, 3, 6, 21, no límite con Vincios e no Osqueiro (entre Camos e cruce Chandebrito -valla), buscando a cesión dos propietarios. (xa solicitado en numerosas ocasións): Esta Asociación comprometeuse a colaborar na posta a disposición dos terreos necesarios.



- Instalación de sinalización de tráfico: Reposición de sinal vertical “Stop” no acceso á Rúa de Chandebrito dende a R/ Laxes; colocar sinal límite veloc. a 40 Km./h no acceso dende Coruxo

- Limpeza de marquesiña no cruce da R/ Laxes coa R/ Chandebrito (parte posterior) e pintado da sita no cruce desta última rúa coa de Pracíns.



- Mellora de varias fontes de auga de uso público e adecuación do seu entorno (especialmente as do Cocho de Abaixo; Fonte Nova; Rapadouro e Penís (de Juan).



- Ampliación da rede xeral de sumidoiros na Rúa Laxes (dende a vivenda núm. 27 á 32) e nas Pereiras, (dende a R/ de Chandebrito núm. 15 ata as nº 29 – 31).

- Mellora das instalacións deportivas: colocación de postes e rede na parte norte do campo de fútbol (tirados polo vento), substitución de reixas frente aos vestiarios (causan perigo), dotación de cuberta metálica en vestiarios (arrancada polo vento), e substitución de alambrada do peche na pista polideportiva de cemento (colocada hai uns 13 anos e moi deteriorada).

- Roza e poda dos piñeiros da parcela na que se ubica a antiga escola infantil, e substitución dos xogos, moi deteriorados –adquiridos hai máis de 10 anos pola Comunidade de Montes- (é unha propiedade municipal, sen limpar dende o 2009, causando perigo de incendio). O Concello comprometeuse á mellora do parque.



- Recollida de terras xunto as presas existentes na Rúa de Chandebrito, propondo que esa terra se utilice para arranxar o camiño do Campiño, que enlaza a citada rúa coa das Laxes.



- Colaboración coa 2ª fase de restauración do muíño dos Matos para a súa posta en funcionamento (prevista para o 1º semestre de 2014): O concelleiro comprometeuse a facer achegas dentro do proxecto que se está redactando para o paseo natural do Río Muíños.



- Realizar as correccións do actual inventario de camiños públicos, achegadas por esta Asociación, incluindo no mesmo varios viais propostos que contan cos servizos municipais.



- Ademáis, volvemos insistir no asunto da mellora do transporte público por estrada