25/12/17

Solicitude de arranxo de muro derribado

Esta Asociación solicitou ao Concello de Nigrán o arranxo urxente do muro de contención da estrada situado na Rúa da Igrexa 5 (no lugar do Sobreiro), por baixo da antiga escola de Chan de Brito. A tal efecto, achegoulle reportaxe fotográfica do lugar.

Ante o mal estado de conservación do muro que soportaba o firme do vial municipal, rematou cedendo e caeu sobre una viña, ocasionando que a vía sexa máis estreita e insegura.

Agardamos unha pronta resposta por parte da Administración Local ante un serio perigo para a circulación viaria tanto de persoas como de vehículos.


13/12/17

Obradoiro de turróns e panettone

O vindeiro sábado dia 23 de decembro, en horario de 17 a 20 h., a Asociación Chandebrito 1807 desenvolverá un Obradoiro de Turróns artesáns e Panettone, que terá lugar na Escola infantil de Chan de Brito, localizada na Rúa da Igrexa, núm. 2.

O obxecto desta actividade, na que se realizarán tres tipos de turrón e o famoso e apreciado doce denominado "panettone" é fomentar a elaboración artesán destes productos típicos do nadal na casa, de xeito sinxelo, natural e saudable.

Os interesados poden informarse e/ou solicitar a súa inscrición enviando un correo-e a chandebrito1807@gmail.com ou nos teléfonos 620097930 ou 667380223, indicando o nome e apelidos da persoa interesada, xunto co seu enderezo de correo electrónico e un número de teléfono de contacto.

O prezo total a pagar pola participación é de 20 euros por persoa (correspondente ao custo), incluindo elaboracións e receitas.



4/12/17

I Festa de exaltación da landra 2017

O vindeiro sábado dia 16 de decembro na antiga escola infantil (Rúa da Igrexa, 2) realizarase a I FESTA DE EXALTACIÓN DA LANDRA DE CHAN DE BRITO, como proposta e protesta á eucaliptización dos nosos montes. Este evento guiarase polo biólogo e ecoloxista César Lema Costas.

O programa de actos é o seguinte:

16:00 h: Lectura do manifesto  
16:30 h: Obradoiro de Landraguesas (hamburguesas de landra) 
18:00 h: Merenda compartida cos pratos de landra que traia cada quen 
19:00 h: Serán

Anímase a todas aquelas persoas interesadas a levar un prato feito con landra ou froitos silvestres para compartir na merenda.


Manifesto de exaltación da landra e do carballo
Houbo un tempo, non moi lonxe, onde a xentiña facía uso do comunal, principalmente montes e bosques, terra propiedade da veciñanza. Non só aproveitaban o seus recursos: landras, herbas, froitos, raíces, cogomelos, mel, pastos, leña, varas para a cestería, etc… senón que era tamén parte da súa identidade, da súa comunidade e polo tanto era respectado, coidado e amado.
Despois o Estado coas sucesivas desamortizacións civís, principalmente, foi apropiándose ilexitimamente das terras comunais que despois subastou para lucrarse con elas, de onde resultou unha catástrofe humana e medioambiental da que é o responsable principal. Foi conculcando na xente o desamor, o auto-odio a nos mesmos e a nosa terra, e nos, de algún xeito, deixámonos adormecer no seu colo, delegando tódalas nosas responsabilidades no Estado que chaman de Benestar, e así nos luce o pelo…
Agora trona e a xente se lembra de Santa Bárbara, e sae as rúas a protestar polos lumes, cousa que non está mal, porque o que non chora non mama…se se quere chorar que se chore …pero de Santa Bárbara hai que lembrarse cando trona e mais aínda cando non trona.
Temos a sorte de que aínda moitas das terras galegas son comunais, e dicir, da veciñanza. Esa polo menos é a teoría. Na practica o Estado (A Xunta de Galicia) tenta meter baza..., e por outra banda a veciñanza non quere saber moito... e delega os usos que fan ca súa terra en persoas que forman parte das diferentes directivas das comunidades de montes que fan o que lles peta, ou o que lles inculcaron…. Si é verdade que hai directivas que están a tentar dar un xiro de temón porque ter o monte a cultivo de arcolitos (eucaliptos) pois parece que non está ben…, aínda que son pasos moi curtos de miras, porque o problema de fondo é que mirase o monte con ollos de produtivismo, de fonte exclusiva de cartos que, por outra banda, a penas se reflicten nas respectivas parroquias, e así teñen o monte a monocultivo de arcolitos e piñeiros. Por iso, mais que chorar…, o mais inmediato é recuperar ese sentimento de pertenza a unha comunidade formada por persoas convivindo entre elas e cas fragas..., tarefa nada doada, pero nada…
Hai que dar un golpe de man nas comunidades de montes, facéndonos comuneiros e comuneiras tentando de explicar ó resto, con palabras e con feitos, que a principal función do monte non debe ser producir cartos, a fraga, a carballeira (o cultivo de arcolitos non é fraga) ten funcións moito mais importantes como o temperamento das condicións climáticas, causan as chuvias polo seu proceso de transpiración, son a maior fonte de oxixeno e fixan o anhídrido carbónico loitando contra o efecto invernadoiro, funcións cruciais nestes tempos que nos tocou vivir con un cambio climático que xa case ninguén cuestiona e que afectará, mais que nada, aos mais cativos e aos que están por nacer. Iso é o que lle queremos legar a nosos fillos e netos?. A carballeira tamén contribúe a fertilización dos solos mediante a descomposición das follas en humus, frea a erosión, enche os mananciais, equilibra as pragas e enfermidades, etc..., ademais dos recursos que se poden aproveitar dos que falaba o principio. E principalmente as fragas son tamén un ben inmaterial ou iso é como a consideraban os nosos devanceiros, iso é o que temos que recuperar no mais fondo dos nosos corazóns.
No entanto, e para que non se nos tache de ecoloxistas soñadores, un carballo adulto pode dar mais de 50 Kg de landras. Con uns 10 de estes carballos, unha persoa pode sobrevivir durante un ano y estes ocupan 1.000 m2. Con unha hectárea pódense alimentar 10 persoas (actualmente, con unha hectárea de trigo, pódense alimentar entre 10 a 20 persoas). Pero as carballeiras, dan froitos (arandos, madroños, moras...) setas (80 kg por hectárea y especie), raíces, plantas silvestres, mel...etc. Aínda que nos libros de primaria que prepara o Estado para adoutrinar a nosos fillos e fillas non o poña, a base da dieta dos castrexos era a landra.
Como di o etnobotánico Daniel M. Pérez Altamira: ¿Dónde está la mejora en el número de personas, que alimenta "la agricultura" con respecto a estos bosques?

Este encontro festivo da exaltación do carballo e da landra quere mostrar de forma creativa que o monte sirve para algo mais que telo plantado de arcolitos e piñeiros. Pero, como sempre, deberiamos empezar por nos mesmos por iso convidámosche a traer un alimento feito con landras (no libro do “manual bellotero”, a partir da pax. 192, tes moitos exemplos).
Comer landras pode ser, ou ese é o noso desexo, o primeiro paso para unha revolución persoal na recuperación do corpo físico, emocional, espiritual e dos valores éticos, previo a un cambio revolucionario colectivo, baseado nos valores tradicionais e no retorno ás orixes da sabedoría popular.

Senón queres ir pro carallo bota carballo

Non era a nosa fraga a que se queimou
Era soamente unha plantación
Que mudou a paisaxe e a tradición
Que medren os carballos aghora éche a ocasión
E miras o çeo aghora que xa non,
aghora que non chove qué é o que pasou
Qué é o que pasou?

Onde está a fraga na que xoghaba
Na que o seu murmurio me arrolaba
Qué foi daqueles veciños cos que cantaba

O Estado nos roubou as millores terras
Condenados á fame tivemos que mighrar delas
Aghora botan arcolitos, qué pena!

Non era a nosa fraga a que se queimou
Era soamente unha plantación
Que mudou a paisaxe e a tradición
Que medren os carballos aghora éche a ocasión
E miras o çeo aghora que xa non,
aghora que non chove qué é o que pasou

Onde está a chuvia que nos fecundaba
Sen carballeiras non vai ser doada
Qué foi de toda a xentiña que as coidaba

O monte non pode ser só produción
O monte hai que sentilo no corazón
Imos xuntos como irmáns a trocar esta sen razón

Non era a nosa fraga a que se queimou
Era soamente unha plantación
Que mudou a paisaxe e a tradición
Que medren os carballos aghora éche a ocasión
E miras o çeo aghora que xa non,
aghora que non chove qué é o que pasou
Qué é o que pasou?
Qué é o que pasou?
Meu qué pasou?

Porque non era a nosa fraga a que se queimou
Era soamente unha plantación
Que mudou a paisaxe e a tradición
Que medren os carballos aghora éche a ocasión
E miras o çeo aghora que xa non,
aghora que non chove qué é o que pasou

Porque non era a nosa fraga a que se queimou
Era soamente unha plantación
Que mudou a paisaxe e a tradición
Que medren os carballos aghora éche a ocasión
E miras o çeo aghora que xa non,
aghora que non chove qué é o que pasou
qué é o que pasou?

Cómo empregar as landras caídas o pé dos carballos?
Nestas datas aínda é doado atopar landras, moitas estarán practicamente secas o pé dos carballos porque apenas choveu.
Tes que apañar unhas cantas, con 200gr podes facer 8 landraguesas (hamburguesas de landra). Ponas en auga para que hidraten, con cáscara. As que floten as desbotas, senón lle ves ningún buraco e están moi secas poden flotar, así que esas non as tires, déixaas . Cando estean hidratadas entre un ou tres días na auga, ou se afundan, lle das un corte lonxitudinal e as metes nunha tixola con tapa a lume forte. En 10 minutos aproximadamente a pel interior e exterior da landra abre e pódense xa pelar moi ben. As picas fino e as metes en moita auga a cocer, canto mais finas menos tempo de cocción. Cando as landras estean tenras, o cabo de uns 20 a 30 minutos, tiras a auga e cas landras podes esmagalas e preparar landraguesas ou calquera das receitas que veñen no Manual de cocina bellotera para la era post-petrolera.

20/11/17

Chandebrito 1807 premiará a foto de maior interese sobre o deporte e paisaxes do lugar

Esta Asociación anuncia a recollida de fotografías inéditas tomadas durante o século XX e relacionadas coa actividade deportiva da parroquia de Chan de Brito (fútbol, caza, chave, tiro ao plato, sendeirismo, bicicleta, motor (autocros, ralies, motocros...), xogos de mesa, etc.), e tamén relativas a paisaxes do lugar da mesma época.

Para elo, premiará con 50 euros e unha camiseta do petroglifo da Chan á persoa que entregue a fotografía máis interesante (que determinará por maioría no mes de xaneiro de 2018 un xurado designado pola Xunta Directiva desta agrupación e composto por un mínimo de tres persoas ben coñecedoras da zona e do deporte local).

As persoas interesadas poden remitir as fotos antes do 31.12.2017 das seguintes formas:

- Ao enderezo electrónico: chandebrito1807@gmail.com (arquivo con resolución mín. de 300 píxels p.p. e 2.000 KB).
- Ao enderezo postal da Asociación Cultural Chandebrito 1807, na Rúa da Igrexa nº 2 Chandebrito. C.P. 36360 Nigrán.

Indicarase o nome e apelidos e un número de teléfono xunto cos datos coñecidos da imaxe (data, lugar, anécdotas destacables, etc.).

Calquer cuestión que se suscite e que non se contemple nestas normas resolverase polo citado xurado.

Deste xeito, continúase co traballo deste colectivo a favor da recuperación do patrimonio cultural da zona iniciado hai anos, engadindo estas imaxes ao arquivo do mesmo e tamén á mostra que está exposta actualmente na antiga escola infantil.




10/11/17

Actividades etnográficas: III Festa no muiño dos Matos 2017

O vindeiro sábado dia 11 de novembro, a Asociación Chandebrito 1807 celebrará a III edición da festa-serán con actividades etnográficas no muíño dos Matos e a súa contorna.

Como en anteriores ocasións, contaremos con demostración de oficios tradicionais, exposición de fotografías relacionadas con cereais e os muiños de auga, charlas e un roteiro guiado.

24/10/17

Solicitude relativa aos danos polos lumes do 15-O

Esta Asociación solicitou ao Concello de Nigrán que pida a declaración de zona catastrófica para a parroquia de Chan de Brito e a súa contorna polo grave dano ocasionado polos lumes provocados o pasado domingo dia 15 de outubro de 2017, que arrasou por completo o seu monte e parte dos cultivos, causando ademáis da morte de dúas veciñas do lugar e outros dous máis no resto de Galicia, que se incendiasen vivendas, alpendres, vehículos, arborado, terras de cultivo, etc.

Esta Agrupación, que recibiu numerosas chamadas pedindo información e tamén de apoio, solidariedade e colaboración de profesionais e da poboación en xeral, ofrecéndose desinteresadamente para limpar e tratar de restaurar a paisaxe, pero tamén os servizos de avogados, enxeñeiros, sicólogos, e a recadación de concertos benéficos, alimentos e bebidas, etc., algo que agradecemos enormemente; estuda a creación ou o apoio absoluto da constitución dunha plataforma cidadá para exixir responsabilidades e indemnizacions e mellora de servicios públicos.

Por elo, SOLICITOU:

Que dende a Alcaldía do Concello de Nigrán se promova, de xeito consensuado cos grupos da corporación local, a aprobación dunha ordenanza de limpeza de fincas que sexa acorde coa realidade do municipio.

Que dende ese Concello, en colaboración coas Asociacións do municipio, se realicen campañas de concienciación da importancia de coidar as nosas terras e os nosos montes, manténdoos limpos e ordeados e non practicar neles actividades agresivas que poidan danar á fauna e flora.

Que se solicite a declaración de Zona Catastrófica con motivo do lume forestal, provocado, que calcinou máis de 300 Ha. nesta parroquia dentro do seu término municipal, xerando importantes danos agrícolas e medioambientais. Pídese ademáis, que de xeito urxente se traslade o acordo á Subdelegación do Goberno para que tramite a petición ante as instancias correspondentes e se adopten medidas urxentes que axuden a paliar os danos.
Que se faga fincapé ante as autoridades competentes na necesidade de investigar a fondo as orixes dos incendios e para determinar os responsables deste atentado e que cumpran a máxima pena posible.

Queremos deixar constancia do enfado da veciñanza coas consecuencias do gran sinistro, da falta de prevención e de medios para combater estas catástrofes. Consideramos que existe acumulación de maleza en camiños e no monte do pobo, que favoreceu a propagación do lume ata chegar a poñer en perigo á poboación.

Este colectivo, prácticamente sen medios, intenta dende hai varios anos concienciar á poboación para a preservación e valorización do patrimonio e do medio ambiente da zona, pedindo á Comunidade de Montes e a propietarios en xeral que se realicen as necesarias labores de roza de maleza, eliminación de vexetación perxudicial, clareos e poda de arborado, entre outras. Por outra banda, adica boa parte dos seus recursos humanos, voluntariado e persoal de traballos en beneficio da comunidade, á limpeza de camiños de uso público e do monte veciñal, que en varios casos sofren o abandono e a desidia.



Por último, condenamos estes ataques terroristas que tanto dano nos causan, solidarizámonos coas familias das vítimas mortais e cos afectados, ofrecéndolles a nosa axuda, e agradecemos á veciñanza, empresas e ao Concello de Nigrán o traballo realizado durante e despois dos lumes, axudando cos seus escasos medios a minimizar o impacto dos lumes e apoiando ás familias afectadas. Ao mesmo tempo, brindamos a nosa colaboración a ese Concello no que precise para poder alcanzar os obxectivos propostos neste escrito.

19/10/17

Reclamación de danos ocasionados polos lumes

Estas son as indicacións que nos proporcionan os técnicos asesores desta Asociación en canto á reclamación de danos ocasionados polo lume que arrasou a parroquia e á comarca o pasado domingo dia 15:


1-    TODOS LOS AFECTADOS DEBEN PRESENTAR UNA DENUNCIA (en la mayor brevedad posible).

Información na páxina web: http://navarramedia.es/incendio/


2-      Aquellos que tengan aseguradas sus pertenencias deben comunicárselo al seguro en los 7 días siguientes. Pueden utilizar la documentación que obra en la denuncia o no…. Pueden no denunciar y comunicarlo al seguro.


3-      Los que hubieren sufrido lesiones a casusa del fuego, por que intentaban salvar sus pertenencias , por que intentaban apagar el incendio o se vieron acorralados por el incendio en medio de la calle, y/o hayan perecido a causa del incendio.  Sin que estuviesen asegurados, tienen derecho a una indemnización a través del consorcio de seguros. Información pinchando na seguinte páxina:

(Desconocen o prazo para comunicalo ao consorcio de seguros pero pensan que son 7 días tamén.)

4-  Los que no tuvieran asegurada su parcela agrícola, forestal, urbana, y/o sus pertenencias. Tendrán que esperar a la declaración que realice el gobierno de zona catastrófica. Para ello desde vuestras asociaciones y plataformas deberéis comenzar a presionar a las administraciones locales, autonómicas, etc, para que por acuerdo del plenario insten al gobierno a realizar esta declaración de zona catastrófica…. Para poder incentivar a los dirigentes de los ayuntamientos afectados, se puede consultar esta página:

Una vez realizada la declaración de zona catastrófica se abrirá un periodo para realizar las solicitudes de indemnización. Se supone que es cuando se podrán adjuntar las denuncias realizadas.


5-    Una vez constituida la plataforma (asociación) de afectados se debe realizar una reclamación conjunta a las administraciones responsables de la inacción. Es decir, por dejación de funciones e inacción derivada del incumplimiento de la normativa sectorial (forestal). Por no haber requerido a los titulares de las parcelas urbanas y no urbanizables localizadas en lugares donde existen viviendas (legalizadas) es decir, a las cuales se les ha concedido una licencia urbanística. La dejación de funciones implica que la administración está obligada a instar al particular para que desbroce sus parcelas. Como esto está tasado en la legislación sectorial (forestal), se puede realizar una reclamación (procedimiento administrativo ordinario) por responsabilidad patrimonial.

El plazo es de un año para presentar esta reclamación, por eso todo el mundo debe presentar la denuncia. Con esta denuncia acreditaréis -probaréis que los hechos se produjeron a causa de este incendio.  Una vez que la administración os conteste es cuando comenzaréis la pelea en los juzgados y, piensa que esto irá para largo, por tanto, habéis de ser pacientes.

Recopilar todos los escritos existentes y comunicados o requerimientos que se realicen a las administraciones competentes por esta materia.


6-    Referente al daño medio ambiental y a los daños morales. Se debe esperar a que aparezcan los culpables, etc. O a que se produzca la declaración de zona catastrófica. 

Es muy importante asociarse para que esto no se vuelva a repetir. Si no se toman las medidas necesarias en cualquier momento podría producirse una situación mucho más grave, y ha llegado el momento que nuestros políticos tomen conciencia de que el abandono de la actividad agraria y el avance del terreno forestal sobre las zonas habitadas puede tener consecuencias catastróficas.

Sería conveniente hablar con Pedro Gozalbo (presidente de la asociación de afectados por el incendio de L’alcalaten del año 2007), su asociación ha cosechado muchos éxitos en Castellón, y gracias a su esfuerzo los afectados de la comarca del Alcaten en Castellón van a recibir unas indemnizaciones de justicia. Ellos ya han recorrido el camino que ahora se debería emprender aquí, por tanto se supone que su experiencia podría ser de mucha ayuda.

17/10/17

Denuncia polos lumes que arrasaron a parroquia

Resultado de imaxes para crespón negro



Chan de Brito está de loito polos lumes que arrasaron por completo á parroquia e que levaron por diante a vida de dúas das nosas veciñas.

Esta Asociación pedirá responsabilidades políticas á Xunta de Galicia, ademáis de dimisións dos mandos policiais polo que consideramos unha nefasta xestión na evacuación da poboación da zona, pero tamén á Xunta Rectora da Comunidade de Montes, que coa súa inactividade e inoperancia ao manter boa parte do monte (por exemplo o do Castro, unha das xoias arqueolóxica do lugar, que tamén quedou carbonizado) nunhas condicións pésimas, con cortalumes inexistentes ao estar ateigados de piñeiros, xestas, toxo e abundante maleza.
Precisamente, esta Asociación, leva pedíndolle a esta Comunidade dende hai anos a roza do monte, sobre todo preto das vivendas. Hai uns dias, con motivo dos traballos que vimos desenvolvendo con persoas que realizan traballos en beneficio da comunidade, pedíuselle colaboración á mesma para que nos prestasen algunha rozadora, pero o presidente deu o non por resposta. Denunciamos esta actitude neglixente e irresponsable, e pedimos a dimisión desta persoa, que leva anos sen convocar eleccións para manterse no cargo a toda costa.

Lamentamos profundamente todo o dano causado pola oleada de lumes en Chan de Brito e no resto de poboacións, que se viron desbordadas por esta traxedia, e poñémonos a disposición da veciñanza afectada para colaborar no que se poida.

Así quedaron o castro da parroquia e algúns dos bens culturais do país:
http://historiadegalicia.gal/2017/10/asi-quedaron-dos-bens-patrimonio-galego-arderon-domingo/ 

Suspéndese o II roteiro de plantas e as xornadas micolóxicas

Con motivo dos lumes que arrasaron a parroquia de Chan de Brito o pasado domingo dia 15 de outubro, decidiuse suspender a celebración do II roteiro de plantas silvestres de Chan de Brito, así como a presentación do libro "Bienvenida la maleza...", ata novo aviso.

Asi mesmo, tamén se suspende a realización das Xornadas de Micoloxía, que iamos convocar neste mes.

11/10/17

II Roteiro de plantas silvestres e presentación de libro "Bienaventurada la maleza"

O sábado dia 21 de outubro de 2017 en horario de mañá, terá lugar na Escola infantil de Chan de Brito (Nigrán), na Rúa da Igrexa, 4, a presentación dun libro e o segundo roteiro de plantas silvestres comestibles da parroquia, guiado por César Lema, doutor en Bioloxía.

O programa é o seguinte:

11:00 h.: Presentación do seu libro: Bienaventurada la “maleza” porque ella te salvará la cabeza. Usos de 113 plantas silvestres de los campos norteños


11:45 – 14:00 h.: Roteiro de recoñecemento de plantas silvestres comestibles e os seus usos pola contorna.

A actividade é de acceso Libre, ao final do roteiro porase un bote para facer unha aportación Libre, podendo tamén trocar por aceite de cociña usado. Antes do roteiro haberá posibilidade de mercar o libro Bienaventurada la “maleza” porque ella te salvará la cabeza, usos de 113 plantas silvestres de los campos norteños, por 25 €.

Esta publicación tamén se pode descargar de xeito gratuito e responsable no seguinte enlace:  http://bienaventuradalamaleza.blogspot.com.es/p/donde-conseguirlo.html 


“Hubo un tiempo en que el uso de plantas y frutos silvestres era habitual. La modernidad acabó con todo ello a base de adoctrinamiento desde las instituciones del Estado, en particular Universidades, escuelas, púlpitos, medios de comunicación, etc., hasta conseguir que las gentes del rural renegaran de su mundo y de ellas mismas. El lavado de cerebro fue tan eficaz que hasta el día de hoy se asocia el comer plantas silvestres exclusivamente con tiempos de postguerra y hambruna. Nuestra propuesta es que los alimentos recolectados representen al menos un tercio de nuestra dieta. Con ello conseguiremos mejorar nuestra salud integral, gracias a la gran cantidad, diversidad de nutrientes y energía vital de las silvestres, así como la salud del Planeta. También es una buena forma de desafiar al Sistema…”


30/9/17

Camisetas do Petroglifo da Chan das Tomadas

Para todos aqueles que desexen colaborar con esta Asociación, infórmase que xa temos á venta as camisolas de todas as tallas e en cores verde, branco, amarelo e vermello do Petroglifo da Chan das Tomadas, ben cultural redescuberto hai uns meses e cuxo proxecto de recuperación e posta en valor agardamos realizar proximamente.

Estas camisetas teñen un prezo de 10 euros por unidade e contribuirán a financiar os citados traballos, consistentes na limpeza, delimitación e rexistro gráfico do petróglifo; pero tamén á publicación dun libro sobre a toponimia da parroquia de Chandebrito, prevista para finais deste ano 2017. Ademáis, unha parte da recadación iría destinada a persoas desfavorecidas.



25/9/17

Cestería de nasas polbeiras

A Asociación Chandebrito 1807 promove unha actividade de artesanía en vimbio para confeccionar nasas para o polbo.

Lugar:  Escola Infantil de Chan de Brito (Rúa da Igrexa, 2).
Datas:  Sábado 14 e domingo 15 de Outubro en horario de mañá e de tarde.

Para inscricións, poden indicar o nome e apelidos, lugar de residencia, número de teléfono de contacto e correo-e se tivese.


12/8/17

Novos traballos en beneficio da comunidade durante este ano

A Asociación Chandebrito 1807, con motivo dun convenio asinado co Goberno Central o 30 de outubro de 2012 e vixente a dia de hoxe, contará en breve co apoio de dúas persoas que realizarán traballos en beneficio da comunidade na parroquia de Chan de Brito ata o próximo mes de decembro.

Deste xeito, a parroquia e a súa veciñanza vanse favorecer de xeito gratuíto das melloras que se realicen, e as persoas prestadoras do servizo cumprirán a súa pena preto dos seus domicilios sen ter que pagar multas.

As tarefas que desenvolverán son, entre outras, a roza de camiños veciñais, recollida de lixo de camiños, viais públicos e outros lugares de uso común, a sinalización de lugares de interese, a limpeza de bens culturais, etc.

Ao mesmo tempo, esta Agrupación sen ánimo de lucro recollerá as propostas que realice a veciñanza neste sentido, coa intención de realizar as actuacións de interese público que propoña a mesma. 


28/7/17

A Valedora do Pobo estima o noso recurso contra o concello por falta de transparencia

A Comisión de Transparencia de Galicia (integrada pola Valedora do Pobo), ven de dar a razón a esta Asociación na súa solicitude ao Concello de Nigrán sobre a consulta de diversos expedientes de contratación de obras, subministros e servicios relativos á parroquia de Chan de Brito.

Esta agrupación veciñal, de conformidade ao establecido na Lei de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, e demáis normativa, e ao ser parte interesada nos asuntos prantexados, presentou no Rexistro municipal solicitudes o 04/11/2016, que reiterou o 24/02/2017, para consultar a oportuna documentación, transcorrendo varios meses sen resposta algunha, ata que a Valedora do Pobo llo requeriu mediante acordo do 30.06.2017, que dí:

- Estimar o recurso presentado pola Asociación Chandebrito 1807 o 20.03.2017 contra o concello.
- Instar ao concello a proporcionar a información solicitada no prazo máximo de 15 dias.
- Instar ao concello a que remita copia electrónica ao Consello da Transparencia da información subministrada en cumprimento do acordado, no prazo máximo de 15 dias.

Igualmente, leva anos solicitando por escrito (a través do rexistro e do buzón de suxerencias e reclamacións da páxina web do Concello) que se realicen diversas actuacións necesarias e de competencia municipal na parroquia de Chan de Brito, sen que polo momento o goberno municipal contestase algunha das peticións formuladas (se ben é certo que se executaron unhas poucas, de escasa entidade).

Por elo, volverá e reclamar que se realicen ditas actuacións, sen descartar acudir á Valedora do Pobo ou a outras instancias de non ter resposta nas próximas semanas.

10/7/17

O goberno de Nigrán usa herbicidas tóxicos preto das casas

O GOBERNO DO CONCELLO DE NIGRÁN UTILIZA HERBICIDAS TÓXICOS PRETO DE CASAS, CULTIVOS E AUGAS, PROVOCANDO O RISCO DE CONTAMINACIÓN E DE FAVORECER A APARICIÓN DE ENFERMIDADES.



O ano pasado o Concello de Nigrán ante as presión veciñais polo uso de herbicidas que, como sabemos, envelenan o noso medio ambiente, aprobou unha moción na que se acordaba:

o Pleno do Concello acordou non autorizar o uso dos herbicidas con glifosato en lugares públicos do municipio, e substituír estes produtos por métodos mecánicos e/ou biolóxicos non contaminantes, que non danan a saúde nin o medio.

Nos casos concretos de conflito, o Concello solicitará por escrito ás entidades implicadas na aplicación de herbicidas que en virtude do Real Decreto 1311/2012 empreguen métodos de control alternativos, non químicos.

Chagáronnos moitas queixas por parte da veciñanza de diferentes lugares de Nigrán, especialmente de Chan de Brito avisando de que persoal do Concello estaba a fumigar preto das casas, mananciais de auga e de cultivos (algúns atópanse danados), polas cunetas e camiños...Isto fixo que varios colectivos escribíramos ao alcalde e concelleiros delegados para preguntarlle se era posible que tras a moción aprobada, o concello a estivese incumprindo.

O Alcalde respondeu literalmente:
"Non é glifosulfato ni ningún herbicida tóxico. Trátase de produto non dañino nin para o medio ambiente nin para persoas ou animais, cando vostedes queiran o poden comprobar."

Ante esa resposta pediuse poder comprobalo ou o nome do produto, esta segunda resposta xa non nos chegou.

Finalmente, tras unha pregunta no ultimo pleno relativa ao tema e tras moita insistencia por parte dun grupo da oposición nos comunican que o produto empregado é GLUFOSINATO DE AMONIO, un herbicida químico que Bayer puxo estratexicamente no mercado coa idea de substituír ó Glifosato (xa que non está polo momento categorizado pola Axencia Internacional de Investigacións sobre o Cancro, e aínda non ten tan mala prensa nin é tan coñecido entre a poboación), e xa está implantado e xerando grandes conflitos ecolóxicos e sociais noutros países, xa que hai investigacións que fan sospeitar que pode ser incluso máis prexudicial e tóxico que o propio Glifosato.

Esta actitude supón unha burla e unha falta de respecto á veciñanza que esixe o cese inmediato das fumigacións e o cumprimento da moción acordada.

Outro dos compromisos adquiridos na mesma leváballe a facer presión sobre a Xunta de Galicia para que deixar de fumigar as cunetas das estradas que atravesan o espazo de Nigrán, cousa que tampouco fixo. Así, todo suma,e vémonos infestados de herbicidas tóxicos que se acumulan ano tras ano na nosa terra e na nosa auga.

Por elo, estase promovendo unha campaña entre a cidadanía para que se dirixa ao goberno municipal denunciando estas prácticas e que lle requira o cumprimento dos propios acordos adoptados polo concello.

2/6/17

Obradoiros de cestería en xuño

Esta Asociación organiza este novos obradoiros de cestería para os videiros dias 10 e 11 de xuño:



8/4/17

Exposición de fotos antigas "Chan de Brito, un século de xentes e paisaxes"



Esta Asociación acaba de abrir unha mostra de case medio centenar de fotografías (incluidas catro comparativas do ano 2008) que teñen que ver coa parroquia, seleccionadas de entre máis dun cento, e tomadas entre os anos 1899 e 2001. Estas imaxes recolléronse durante anos por Carlos Gómez, membro do colectivo.

A exposición, denominada "Chan de Brito, un século de xentes e paisaxes", pódese visitar durante este ano determinadas tardes da semana (ou ben de xeito guiado, concertando cita) na planta baixa da antiga escola infantil de Chan de Brito.

Encádrase dentro do ciclo de actividades do 10º aniversario da Asociación Cultural “Chandebrito 1807” –constituída o 15 de xullo de 2017-), entre as que destacan tamén a edición dun caderno coas noticias máis salientables do lugar durante o século XX, e dun plano-guía no que se recollerán uns 600 topónimos antigos desta parroquia, a primeira fase de restauración do muiño de arriba de Rodas (s. XVIII), charlas e roteiros guiados.



A Directiva desta Agrupación ven de ampliar o prazo de solicitude de inscrición no encontro de cestería que ten por obxecto aprender a forrar botellas e garrafóns con vimbio, prazo que rematará o 15 de abril ás 00.00 h.

Este encontro comezará ao remate da semana santa, o luns dia 17 de abril e prolongarase ata o 15 de maio (incluido). Os horarios e o lugar nos que se executará esta actividade son os mesmos que xa estaban previstos (na escola infantil de Chan de Brito, de 18.00 a 20.30 h.).