24/3/19

Arranxo do Camiño da Lapela e outros viais

Despois das solicitudes e xestións realizadas pola Asociación “Chandebrito 1807”, nos vindeiros meses vaise proceder a asfaltar a pista da Lapela, concretamente o tramo que vai desde o regato e presa da Lapela ata o acceso directo á canteira, cun investimento total de 27.945 euros.
Este vial atopábase moi deteriorado con motivo da circulación de vehículos pesados e das inclemencias meteorolóxicas, polo que esta Agrupación levaba anos solicitando a súa reparación de xeito completo.
Por outra banda, recentemente realizáronse melloras na Estrada de Chandebrito coa pavimentación dunha parte do seu tramo urbano (lugar do “Pontillón”), e tamén se arranxará un tramo desta vía na zona do “Estripeiral” – “Troqueira”, cun investimento de 7.293 €; obras tamén solicitadas en diversas ocasións por esta Asociación.
Ademáis, a Consellería de Medio Rural está arranxando pistas forestais e cunetas no monte "Regamán" (preto dos montes de Vincios e Valadares) que se atopan en mal estado, logo de pedilo tamén esta Agrupación por escrito.

14/3/19

Proxección película sobre o Val Miñor no ano 1928

No dia de hoxe cumprense 90 anos da estrea en Montevideo dunha pelicula rodada no Val Miñor durante o veran de 1928 por emigrantes desta comarca.

No video podense apreciar as costumes da poboacion de varias parroquias do Val, as suas festas e procesions, o alumnado nas escolas, paisaxes..., constituindo un documento unico do lugar de gran interese cultural.

Para conmemorar o aniversario, a Asociacion Chandebrito 1807, proxectará o referido video o luns dia 18 de marzo a partires das 19:30 h. na escola infantil de Chan de Brito, convidando a asistir a todos a esta actividade gratuita.

Na fotografia apréciase unha das secuencias da pelicula.