Esta Asociación prevé comezar os traballos de limpeza do muiño de 
auga das Loureiras, da súa contorna e accesos, así como a restauración 
da súa estrutura (muros exteriores), no mes de marzo ou abril deste ano 
2015.
Este
 muiño, que está completamente en ruinas, construise probablemente 
no século XVIII e quedou abandonado a mediados dos anos 1930, 
coincidindo coa construción dos muiños do Regueiro, en Chan de Brito. 
Asi mesmo, é un 
dos 38 bens culturais desta parroquia para os que esta Asociación 
solicitou por escrito en multitude de ocasións ao Concello de Nigrán e á
 Consellería de Cultura da Xunta a consideración de ben inventariado, co
 fin de proporcionarlle unha protección legal axeitada, petición que 
aínda non atenderon.
Durante o ano pasado asinouse con varios propietarios / herdeiros deste muiño 
un documento de cesión do seu uso durante 25 anos, no que este colectivo
 comprométese a restauralo, de acadar algunha subvención para elo, 
facilitando o seu uso a aqueles.
Nesta actuación colabora a Deputación de Pontevedra con financiamento procedente do Programa de Acción Comunitaria 2014.
Para
 elo, xa pediu colaboración ao Concello de Nigrán, asociacións sen ánimo
 de lucro e persoas poidan estar interesadas, para así fomentar a 
participación do voluntariado neste proxecto, cuxa primeira fase estará 
concluida a mediados deste ano.
Todas as persoas que 
esten interesadas en colaborar nas tarefas citadas deben poñerse en 
contacto coa Asociación a través do correo-e chandebrito1807@gmail.com 
ou chamando ao núm. de teléfono 667 380 223.
 
