Mostrando entradas con la etiqueta Chandebrito nos medios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Chandebrito nos medios. Mostrar todas las entradas

29/6/26

Criticamos o uso que fai o goberno municipal do consello sectorial do PXOM

Desde esta Asociación criticamos duramente a utilización do Consello Sectorial do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Nigrán ao antollo do alcalde e equipo de goberno, xa que a asemblea do citado órgano convocouse e celebrouse no dia de onte de xeito fraudulento, ao non ser notificado a todos os membros (entre eles a esta Asociación), non entregárselle a dia de hoxe documentación algunha en soporte papel a todas as Asociacións (tal e como anunciou o alcalde publicamente hai varios dias), informar só con poucos dias de antelación da máis que recente colocación na sede electrónica do Concello dos planos e demáis documentos do referido planeamento cuxo contido sufriu cambios sustanciais desde o borrador que se expuso polas parroquias no ano 2023 cara a futura aprobación provisional (e xa non digamos, da variación con respecto á aprobación inicial do 2013), e ao realizar unha mera reunión informativa e non actuar como órgano de verdadeira participación veciñal que debería emitir informes e dictámenes a someter á corporación.

En todos estes anos o alcalde e presidente do Consello non o convocou coa frecuencia que establece o acordo do propio pleno (do ano 2008), nin tampouco se actualizou os membros que forman parte do referido órgano, co que éste é irregular, ademáis de tratalo como un grupo de persoas ás que simplemente se lles informa das liñas xerais deste importante instrumento de ordenación.

No ambiente deste Consello Sectorial palpouse que varios colectivos non están de acordo en cómo se tramitou o asunto, xa que non se lles dá marxe a estudar e analizar con tempo o PXOM. O Alcalde que practicamente non dixo nada, ante o descontento manifestado por aqueles, unha vez máis non deu a cara e fuxiu pola porta de atrás, abandonando o salón de sesións.

Ante este atropelo, algúns dos membros do citado órgano municipal alí presentes formularon un escrito solicitando ao pleno que se aprace ata o mes de setembro a aprobación do Plan Xeral por este, prevista para o vindeiro 1 de xullo, co fin de poder estudar o documento cun mínimo de garantías. Desde esta Asociación agardamos que o alcalde e demáis membros do goberno apliquen o sentido común e atendan as nosas demandas.

5/3/25

Obradoiro de cestería tradicional con vime (II)

 Esta Agrupación convoca un novo obradoiro de cestería tradicional con vimbio en Chan de Brito (II), de 20 horas:

- Lugar de celebración: Antiga escola infantil de Chan de Brito (Rúa da Igrexa, 2 - Chan de Brito, C.P. 36360 Nigrán) Ubicación: https://maps.app.goo.gl/3pjyQRUXqFmeCgTa7 

- Datas: desde o sábado 8 de marzo ata o 3 de maio (ambos incluidos), durante oito sábados consecutivos (agás o 26 de abril).

- Horario: de 16:30 a 19:00 h (2,5 horas).

- Prezo: 30 euros ao mes por persoa, a abonar o primeiro dia de cada mes (de necesitar material pagaráse aparte na propia aula)

De renunciar á participación nesta actividade, rógase que o comuniquen antes do dia do comezo. Do contrario, excluiríase en próximas actividades desta Agrupación.

13/9/22

Proxecto de valorización da fraga dos muíños de Rodas

A Asociación Chandebrito 1807 congratúlase de que o Concello de Nigrán, coa financiación da Deputación de Pontevedra, apoie finalmente a solicitude que realizou esta Agrupación no seu dia, hai agora uns catro anos, para valorizar a contorna dos muíños de Rodas, na parroquia de Chan de Brito.

Esta Asociación ía máis alá da actuación realizada polo momento, tal e como consta no proxecto presentado ao respecto no Concello de Nigrán, e publicabamos o dia 12.07.2018 a seguinte nota de prensa:

No dia de onte, a Asociación Chandebrito 1807 presentou no Concello de Nigrán o proxecto sobre a posta en valor da fraga e muíño de Rodas, en Chan de Brito, xunto coa solicitude de colaboración para executar esta interesante actuación.

Agardamos obter o apoio e axuda da administración local, xa que sen ela, non sería posible poder desenvolver o citado proxecto, debido á carencia de recursos por parte desta Agrupación sen ánimo de lucro. Por outra banda, cabe salientar que este asunto forma parte do programa electoral deste goberno para o mandato 2015-2019.

Con esta actuación, esta Asociación, que leva máis de dez anos traballando na divulgación, conservación e valorización do patrimonio, pretende poñer en valor unha das zonas de maior beleza e interese etnográfico e medioambiental da parroquia, ao igual que xa fixo hai uns anos co lugar dos Matos e das Loureiras, donde recuperou dous dos muíños de auga máis antigos do municipio, xa que, ao igual que o muíño de Rodas de Arriba, foron construidos a principios do século XVIII.

Nas fotografías pódese apreciar o proxecto e solicitude presentada, xunto á fraga e o muíño de arriba de Rodas


Máis información en:

18/10/16

Entrevista na TVG sobre a recuperación de topónimos

Para acceder á publicación realizada pola Televisión de Galicia sobre a recuperación e posta en valor da toponimia de Chan de Brito, promovida por esta Asociación, podedes acceder á seguinte páxina na internet:

www.crtvg.es/informativos/chandebrito-1807-recupera-mais-de-600-toponimos-da-parroquia

8/10/16

A TVG emitirá unha entrevista sobre a recuperación da toponimia da parroquia

Finalmente, este domingo dia 9 de outubro, entre as 12,20 a 13,50 h. no programa A Revista da TVG, emitirase unha reportaxe sobre a parroquia de Chan de Brito, concretamente sobre a recuperación e posta en valor dos antigos nomes de lugar, que levamos a cabo dende a Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807 (por problemas de espacio, non se puido emitir o pasado sábado, cando estaba previsto).

30/9/16

Reportaxe sobre a recuperación da toponimia da parroquia

Mañá sábado dia 1 de outubro, entre as 12,15 a 13,30 h. no programa A Revista da TVG, emitirase unha reportaxe sobre a parroquia de Chan de Brito, concretamente sobre a recuperación e posta en valor dos antigos nomes de lugar, que levamos a cabo dende a Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807.

4/5/09

Chandebrito entra na ruta de excursións de cruceristas


Máis de 200 cruceristas elixiron a parroquia de Chandebrito para facer turismo nas excursións ás que se apuntan nada máis desembarcar no porto de Vigo desde o pasado mes de marzo.


Continua na Voz de Galicia


28/3/09

A fiscal acusa a 40 veciños por intimidar a unha familia


Preto de 40 veciños de Chandebrito están acusados de presuntos delitos de desordes públicas, atentado e coaccións. Son as persoas que lograron ser identificadas polos altercados que padeceu no ano 2001 unha familia que reside nesta parroquia de Nigrán.


Continua na Voz de Galicia


19/2/09

Sendeiros con historia

Patrimonio cultural, arqueolóxico e etnográfico e unha paisaxe inmellorable. Todo iso ofrece Chandebrito aos que se atreven a percorrer os quilómetros de distancia que separan esta parroquia das zonas máis turísticas do municipio de Nigrán. Por iso, dende a Concellaría de Turismo impulsaron un proxecto de revalorización deste recóndito lugar que se financia grazas ao plan europeo Proder II.


Continua no Faro de Vigo


8/2/09

Chandebrito nos medios: Segunda fase de saneamento en Chandebrito

A Consellería de Medio Ambiente destinará un total de 660.808 euros para levar a cabo a segunda fase das obras de saneamento na parroquia de Chandebrito, en Nigrán.


Seguir lendo na Voz de Galicia

1/1/09

Chandebrito nos medios: O longo dos anos


Coa chegada dun novo ano dende a asociación queremos deixarvos un pequeno agasallo, cun pequeno traballo feito para recompilar os titulares aparecidos nos medios de comunicación da bisbarra, Faro de Vigo, Atlántico Diario ou a Voz de Galicia, no período comprendido entre 1953 e 2008, onde Chandebrito aparece directamente como centro da nova ou dunha forma indirecta aínda que relacionado coa nosa parroquia.


Pulsar na foto para descargar o arquivo


Sendo o primeiro titular do que temos constancia do ano 1953 para constatar o inicio dos traballos de electrificación en Chandebrito, deixamos un pequeno extracto da nova “Parece ser que la parroquia de Chandebrito, única de este termino que esta sin electrificar, lo va a ser muy pronto, púes ya se acometieron algunos trabajos. Pero como la medida es muy importante, los vecinos se desesperan dada la lentitud de los trabajos, debían acelerarse tales trabajos para que esta simpatica parroquia tenga los beneficios de que ya gozan las demás.”, non tendo constancia ata finais dos 70 da seguinte, cun pequeno incremento ata os anos 2000 onde xa empezan a aparecer bastantes novas.


Co remate do ano 2008 demos por concluído momentaneamente este traballo, a espera de ir recompilando a dos vindeiros anos e encontrar algunhas novas anteriores o citado ano, pois sempre se escapan algunhas, polo que se coñecedes algún titular que se nos escapou podedes facérnolo chegar a través do correo electrónico, para a ampliación do traballo. Que vos guste e feliz ano 2009




25/12/08

Chandebrito nos medios: Unha parella, atemorizada por ameazas


Un matrimonio da parroquia de Chandebrito, en Nigrán, vive atemorizado polos seus veciños. O seu coche apareceu en chamas durante a pasada madrugada dentro do galpón anexo á súa vivenda. Foi a última ameaza que tiveron que soportar, cando aínda non se borrou do muro da súa casa a pintada na que se pode ler «Gora ETA, ides morrer».


Seguir lendo na Voz de Galicia

18/12/08

Chandebrito nos medios: Pendente o macro xuizo polos altercados veciñais


Sete años despois dos incidentes veciñais ocorridos en Chandebrito, o xuízo, que sentará no banco a 37 imputados está a espera dun sinalamento. Xa se deu traslado as defensas para os escritos de cualificación duns feitos que suporán o primeiro ’macro xuízo’ que se celebra en Vigo.


Seguir lendo no Atlántico Diario


27/11/08

Chandebrito nos medios: Chapuza en Chandebrito


Esnaquizar ao redor de 200 metros da rede de evacuación de augas pluviais é última actuación polémica que leva a firma da comunidade de montes de Chandebrito, en Nigrán.

Esta entidade xa arrasou o ano pasado unha vía romana que atravesaba o centro da parroquia logo de cubrila con cascallos procedentes das obras de saneamento para facer máis ancho o acceso.


Seguir lendo na Voz de Galicia

6/11/08

Chandebrito nos medios: A cabaza xigante


Unha cabaza xigante creceu no alto dunha viña. Non é ciencia ficción. Ocorreulle a un veciño da parroquia de Chandebrito, en Nigrán. Manuel Gómez Costas non sae do seu asombro cando observa a descomunal hortaliza que pesa ao redor de 50 quilos.


Viuna crecer durante os últimos meses sobre unha parra na entrada da súa vivenda e xamais se puido imaxinar que chegase a alcanzar semellantes dimensións.


Continua na Voz de Galicia


Tamén no Faro de Vigo