Mostrando entradas con la etiqueta Actos ou xornadas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actos ou xornadas. Mostrar todas las entradas

13/3/26

Modificación de datas das xornadas formativas gratuítas sobre Internet

 

A Asociación Chandebrito 1807 volve convocar, a través do Centro de Iniciativas Profesionales, trasladando para os vindeiros meses de abril e maio, dúas xornadas formativas gratuítas relacionadas con búsquedas e trámites coa Administración a través de Internet:

- A primeira, baixo a denominación "Como buscar contidos culturais e de lecer en internet" terá lugar os dias venres 10, luns 13 e venres 17 de abril, de 17:00 a 20:00 horas.

- A segunda, titulada "Trámites máis comúns coa Seguridade Social", desenvolverase os dias luns 4, venres 8 e luns 11 de maio, de 17 a 20 h.

Ambas accións realizaranse na antiga escola infantil de Chandebrito (Camiño da Igrexa nº 2) e son gratuítas.

As inscricións faranse enviando: nome, apelidos, lugar de residencia e núm. de teléfono de contacto ao enderezo chandebrito1807@gmail.com ata o 31 de marzo e 24 de abril.

25/2/26

Presencia na Festa da Arribada en Baiona o 28 de febreiro e o 1 de marzo

 
Posto en Baiona, no ano 2025
A Asociación Chandebrito vai colaborar novamente coa Cooperativa A Casa das Redes, promotora do grupo de xóvenes da comarca O Febeiral, nesta ocasión o sábado dia 28 de febreiro e o domingo 1 de marzo, con motivo da celebración da Festa da Arribada en Baiona.

Membros directivos desta Asociación explicarán, no posto reservado ás entidades sociais, as actividades que esta leva a cabo e os obxectivos pretendidos, especialmente a colaboración con entidades públicas e privadas e a protección e posta en valor do patrimonio natural e cultural.

Por outra banda, tamén falarán da historia da parroquia de Chandebrito.


19/2/26

Xornadas formativas sobre Internet

A Asociación Chandebrito 1807 organiza, a través do Centro de Iniciativas Profesionales, para os vindeiros meses de marzo e abril dúas xornadas formativas relacionadas con búsquedas e trámites coa Administración a través de Internet:

- A primeira, baixo a denominación "Como buscar contidos culturais e de lecer en internet" terá lugar os dias 16, 20 e 23 de marzo, de 17:00 a 20:00 horas.

- A segunda, titulada "Trámites máis comúns coa Seguridade Social", desenvolverase os dias 10, 13 e 17 de abril no mesmo horario de 17 a 20 h.

Ambas accións realizaranse na antiga escola infantil de Chandebrito (Camiño da Igrexa nº 2) e son gratuítas.

As inscricións faranse enviando: nome, apelidos, lugar de residencia e núm. de teléfono de contacto ao enderezo chandebrito1807@gmail.com ata o 5 de marzo.

13/2/26

Convocatoria de obradoiro de cestería práctica en vimbio (1/26)

Esta Agrupación convoca a actividade seguinte:

Obradoiro de cestería práctica en vimbio - Chan de Brito (I-26), de 20 horas:

- Lugar de celebración: Antiga escola infantil de Chan de Brito (Rúa da Igrexa, 2 - Chan de Brito, C.P. 36360 Nigrán)

- Datas: desde o sábado 7 de marzo ata o 2 de maio (ambos incluidos), durante oito sábados consecutivos (agás o 4 de abril -semana santa-).

- Horario: de 16:30 a 19:00 h (2,5 horas). 

- Mestre: Suso Crespo de Tui, con ampla experiencia na materia.

- Número de participantes
: mínimo de 6 e máximo de 10 por aula.

- Custo: 30 euros mensuais por persoa, a abonar o primeiro día de cada mes do curso (de necesitar material, pagarase aparte na propia aula).

- Criterio de selección: por rigorosa orde de petición de inscrición.

- Inscrición e info.: Enviar correo-e entre o 16 de febreiro e o 2 de marzo (incluidos) ao enderezo chandebrito1807@gmail.com indicando nome e apelidos, lugar de residencia e núm. de tlf. de contacto.

- De renunciar á participación nesta actividade, rógase que o comuniquen antes do dia de comezo. Do contrario, excluiríase en próximas actividades desta Agrupación.

6/2/26

Segunda edición do Obradoiro de Cosmética natural

O vindeiro venres dia 20 de febreiro, en horario de 18:00 a 19:30 h. a Asociación Chandebrito 1807 desenvolverá a segunda edición dun obradoiro gratuíto de cosmética natural fresco e sustentable, no seu local social, sito na Rúa da Igrexa 2, en Chan de Brito.

As inscricións poden realizarse ata o mesmo dia enviando un correo-e ao enderezo chandebrito1807@gmail.com , co nome e apelidos, lugar de residencia, enderezo de correo-e e  núm. de teléfono de contacto.

30/1/26

OBRADOIRO DE COSMÉTICA NATURAL


O vindeiro venres dia 6 de febreiro, en horario de 18:00 a 19:30 h. a Asociación Chandebrito 1807 desenvolverá un obradoiro gratuíto de cosmética natural fresco e sustentable, no seu local social, sito na Rúa da Igrexa 2, en Chan de Brito.

As inscricións poden realizarse ata o mesmo dia enviando un correo-e ao enderezo chandebrito1807@gmail.com , co nome e apelidos, lugar de residencia, enderezo de correo-e e  núm. de teléfono de contacto.


7/12/25

Visita da Cooperativa Casa das Redes

A Cooperativa A Casa das Redes, promotora do grupo de xóvenes da comarca O Febeiral visitou a Asociación Chandebrito 1807 o sábado día 6 ás 13:30 horas. «A idea desta iniciativa era crear un espazo común para a xente nova», explican. Un dos seus primeiros proxectos foi crear un mapeo colectivo das entidades sociais, culturais e artísticas que hai no Val Miñor e, este sábado,  divulgárono cunha ruta en autobús que visitou unha boa parte das iniciativas que descubriron.

Así, membros directivos da Asociación Chandebrito 1807 explicaron as actividades que esta leva a cabo e os obxectivos pretendidos, especialmente a colaboración con entidades privadas e públicas e a protección e posta en valor do patrimonio natural e cultural, tanto material como inmaterial.

O vindeiro domingo dia 21 de decembro, esta Agrupación estará presente na Praza do Concello de Baiona, na Feira Social e Artística do grupo de xente nova do Val Miñor Febeiral do Miñor.



21/11/25

Obradoiro de doces artesáns de nadal

O vindeiro luns dia 22 de decembro, en horario de  16:30 a 20:00 h. (aprox.), a Asociación Chandebrito 1807 desenvolverá na antiga escola infantil da parroquia (Rúa da Igrexa núm. 2, Chan de Brito) un Obradoiro de doces artesáns de nadal, cunha duración aproximada de tres horas e media.

Para elo, realizaranse varios produtos: mazapáns de améndoa e pataca, 2 turróns (duro e trufa/ chocolate branco, tronco navideño recheio de caramelo salgado e miso (un toque exótico, umami e diferente), e panettone express / roscón de reis 350 gr.

Todo inclúe recetario impreso, envoltorio e caixiña para levar as elaboracións.

Tan só é necesario que as persoas asistentes leven algúns brics ou moldes para os turróns.

(De regalo vai un paquetiño de galletas Linz, típicas destas datas en Austria e Alemania. Inclúe recetario).


Este taller, organizado por esta Asociación, impartirase, ao igual que en anos anteriores, por unha especialista na materia, Sonia de "Reishi Terapia".

Os gastos son 35 euros por persoa, que inclúen todo o material.

O obxectivo é promover un consumo máis responsable, unha alimentación máis sán, elaborando doces de xeito sinxelo, rápido e natural, e camiño á autosuficiencia.

Pódense realizar as inscricións enviando un correo-e a chandebrito1807@gmail.com cos nomes e apelidos, enderezo de correo-e, núm. de teléfono de contacto, idade, zona de residencia.


As peticións de inscrición realizaranse antes do venres dia 19 de decembro ás 14:00 h., reservándose a praza por orde de recepción das mesmas, ata un aforo máximo de 10 persoas.

Máis info. no tlf. 633363183 ou en www.chandebrito1807.blogspot.com  

11/10/25

Convocatoria de obradoiro de cestería en vimbio (III)

Esta Agrupación convoca a actividade seguinte:

Obradoiro de cestería en vimbio - Chan de Brito (III), de 20 horas:

- Lugar de celebración: Antiga escola infantil de Chan de Brito (Rúa da Igrexa, 2 - Chan de Brito, C.P. 36360 Nigrán)

- Datas: desde o sábado 25 de outubro ata o 27 de decembro (ambos incluidos), durante oito sábados consecutivos (agás o 1 de novembro e 6 de decembro).

- Horario: de 16:30 a 19:00 h (2,5 horas). 

- Mestre: Suso Crespo de Tui, con ampla experiencia na materia.

- Número de participantes
: mínimo de 6 e máximo de 10 por aula.

- Custo: 30 euros mensuais por persoa, a abonar o primeiro día de cada mes do curso (de necesitar material, pagarase aparte na propia aula).

- Criterio de selección: por rigorosa orde de petición de inscrición.

- Inscrición e info.: Enviar correo-e entre o 13 e o 23 de outubro (incluidos) ao enderezo chandebrito1807@gmail.com indicando nome, apelidos, tlf. de contacto.

- De renunciar á participación nesta actividade, rógase que o comuniquen antes do dia de comezo. Do contrario, excluiríase en próximas actividades desta Agrupación.



5/3/25

Obradoiro de cestería tradicional con vime (II)

 Esta Agrupación convoca un novo obradoiro de cestería tradicional con vimbio en Chan de Brito (II), de 20 horas:

- Lugar de celebración: Antiga escola infantil de Chan de Brito (Rúa da Igrexa, 2 - Chan de Brito, C.P. 36360 Nigrán) Ubicación: https://maps.app.goo.gl/3pjyQRUXqFmeCgTa7 

- Datas: desde o sábado 8 de marzo ata o 3 de maio (ambos incluidos), durante oito sábados consecutivos (agás o 26 de abril).

- Horario: de 16:30 a 19:00 h (2,5 horas).

- Prezo: 30 euros ao mes por persoa, a abonar o primeiro dia de cada mes (de necesitar material pagaráse aparte na propia aula)

De renunciar á participación nesta actividade, rógase que o comuniquen antes do dia do comezo. Do contrario, excluiríase en próximas actividades desta Agrupación.

24/2/25

Convócase unha nova edición do obradoiro de cestería tradicional para este ano

Esta Asociación convoca para este ano unha nova edición do Obradoiro de cestería tradicional con vimbio en Chan de Brito, de 20 horas:


- Lugar de celebración: Antiga escola infantil de Chan de Brito (Rúa da Igrexa, 2 - Chan de Brito, C.P. 36360 Nigrán)  Ubicación: https://maps.app.goo.gl/3pjyQRUXqFmeCgTa7 

- Datas: desde o sábado 8 de marzo ata o 3 de maio (ambos incluidos), durante oito sábados consecutivos (agás o 26 de abril).

- Horario: de 16:30 a 19:00 h (2,5 horas).

- Prezo: 30 euros ao mes por persoa, a abonar o primeiro dia de cada mes (de necesitar material pagaráse aparte na propia aula)

De renunciar á participación nesta actividade, rógase que o comuniquen antes do dia do comezo. Do contrario, excluiríase en próximas actividades desta Agrupación.


13/12/24

Obradoiro de doces artesáns de nadal

O vindeiro luns dia 23 de decembro, en horario de mañá ou de tarde (dous grupos ou quendas), a Asociación Chandebrito 1807 desenvolverá na escola infantil da parroquia (Rúa da Igrexa núm. 2, Chan de Brito) un Obradoiro de doces artesáns de nadal, cunha duración aproximada de dúas horas.

Pódense realizar as inscricións enviando un correo-e a chandebrito1807@gmail.com cos nomes e apelidos, enderezo de correo-e, núm. de teléfono de contacto, idade, zona de residencia, e quenda elixida.

Máis info. no tlf. 633363183 ou en www.chandebrito1807.blogspot.com  


Para elo, realizaranse varios produtos: turróns, galletas decoradas e panettone.

Este taller, organizado por esta Asociación, impartirase, ao igual que en anos anteriores, por unha especialista na materia, Sonia de "Reishi Terapia".

Os gastos son 35 euros por persoa, que inclúen todo o material.

O obxectivo é promover un consumo máis responsable, unha alimentación máis sán, elaborando doces de xeito sinxelo, rápido e natural, e camiño á autosuficiencia.

As peticións de inscrición realizaranse mediante correo-e antes do venres dia 20 de decembro ás 15.00 h., reservándose a praza por orde de recepción das mesmas, ata un aforo máximo de 15 persoas cada un.

13/11/24

Atraso do comezo do obradoiro de cestería 2024/2025

O obradoiro de cestería tradicional con vimbio, a impartir na escola infantil de Chan de Brito polo mestre Suso de Tui cuxo comezo estaba previsto para o sábado 23 de novembro e remate o 8 de febreiro, durante doce sábados consecutivos en horario de 16:30 a 19:00 h (30 horas), finalmente comezará o dia 30 de novembro e finalizará o 15 de febreiro de 2025.

7/11/24

OBRADOIRO DE CESTERÍA PRÁCTICA TRADICIONAL

A Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807", ante o alto grao de éxito obtido nos cursos prácticos de cestería tradicional celebrados entre os anos 2008 e 2019, nos que participaron ducias de persoas de todo o Val Miñor e área de Vigo; convoca un novo obradoiro de cestería tradicional con vimbio, impartido na escola infantil de Chan de Brito polo mestre Suso de Tui desde o sábado 23 de novembro ata o 8 de febreiro, durante doce sábados consecutivos en horario de 16:30 a 19:00 h (30 horas).


Tódalas persoas interesadas en participar neste actividade poden informarse no teléfono 667380223 e inscribirse ata o 20 de novembro indicando nome e apelidos no enderezo de correo-e: chandebrito1807@gmail.com . 

Farase un único grupo de entre 6 e 10 persoas por riguroso orde de inscrición. Ao igual que nos cursos anteriores, ao remate desta actividade entregaráselle aos participantes o correspondente diploma acreditativo.

Gracias á importante labor dos mestres cesteiros xa falecidos Manuel Gómes Costas e Rubén Berto Covelo, ao que temos que agradecerlle o seu interese por ensinar a todos aqueles interesados que descoñecen unha forma de artesanía, vida e cultura que o home elaborou dende os albores da humanidade, pois a cestería incluso é anterior a cerámica, arte que con moi poucas modificacións durante milenios, demostra que a idea primixenia e a súa realización foron perfectas dende un principio, cousa que raras veces se consigue.

Non cabe dúbida, por tanto que os cesteiros, ó igual que outros oficios practicados en Galicia por desgracia esmorecen a causa dos avances das novas técnicas e do tan gabado progreso, asistindo á transformación das artes, oficios, tradicións e calquera tipo de manifestación da nosa cultura, polo que con este tipo de cursos tratamos de manter viva a tradición e cultura levada a cabo durante milleiros de anos polos nosos antepasados, non podendo permitir que se perda.

27/9/23

Acto público sobre o PXOM de Urbanismo na parroquia

A Asociación Veciñal “Chandebrito 1807” organizou un acto público para o venres día 29 ás 20 horas na antiga Escola de Infantil de Chan de Brito para explicar o contido do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

Coa finalidade de fomentar a transparencia e a participación, a esta xuntanza pública foron convidadas todas as agrupacións políticas con implantación no Concello de Nigrán, que a maioría xa confirmaron a súa asistencia, para que expoñan, tanto para a parroquia de Chan de Brito como para o resto do municipio de Nigrán, a súa opinión sobre o documento do PXOM exposto parcialmente na páxina web do Concello.

A razón pola que esta asociación veciñal tomou esta iniciativa debeuse a que o goberno municipal tiña convocada unha reunión para o 4 de setembro nesta parroquia para explicar o contido do PXOM pero que a realizou noutra data diferente sen informar publicamente do cambio, co cal gran parte da veciñanza da parroquia non se enterou da celebración e na súa actitude oscurantista negouse a convocar unha nova xuntanza publicitada polo propio goberno municipal.

Por outra parte, esta agrupación veciñal considera que o documento do PXOM exposto na web municipal debe expoñerse completo e non parcialmente, que ademais dos posibles erros, as suxerencias e observacións feitas pola veciñanza aos técnicos municipais nas citas en marcha organizadas sexan trasladados ao equipo redactor, goberno municipal e grupos da oposición para o seu coñecemento, e o que é mais importante, ao comprobarse que o documento exposto agora presenta cambios sustanciais respecto ao documento de Aprobación Inicial, se expoña de novo ao publico para que a cidadanía a cal lle cambiaron profundamente a cualificación urbanística das súas propiedades poida alegar.



7/6/22

Éxito da II ruta de plantas silvestres

O sábado dia 30 de abril, desde as 16:30 ata as 20:30 horas tivo lugar a II Ruta de recoñecemento de plantas e froitos silvestres comestíbeis, organizada pola Asociación Chandebrito 1807, con saída e chegada na antiga escola infantil de Chan de Brito (Rúa da Igrexa núm. 2).

Unha vez máis, a xornada desenvolveuse con gran éxito, identificando e degustando prantas silvestres comestíbeis da man do biólogo César Lema, que mantivo en todo momento o interese dos asistentes, preto de corenta persoas, que percorreron os lugares da Penís, A Rega, O Valiño, o monte dos Cruceiros, As Chans do Castro, e o Outeiro do Corvo.






26/4/22

II Ruta de recoñecemento de plantas e froitos silvestres de Chan de Brito

O sábado dia 30 de abril, desde as 16:30 ata as 19:30 horas realizarase a II Ruta de recoñecemento de plantas e froitos silvestres comestíbeis, con saída e chegada na antiga escola infantil de Chan de Brito (Rúa da Igrexa núm. 2).

Plantas e froitos silvestres medran de forma natural e espontánea, e aportan ao noso organismo elementos nutritivos de alto valor biolóxico, vitaminas, sales minerais e outras moitas substancias activas de propiedades preventivas e curativas, que na súa inmensa maioría, están ainda por descubrir.

As plantas silvestres teñen máis vitalidade e mellor calidade biolóxica, ademáis de posuir mellor capacidade de adaptación ao medio que as de cultivo. Esta calidade da que gozan os vexetais consiste na adaptación ás condicions especiais e ambientais do hábitat onde medran. Ofrecendo os nutrientes e os elementos protectores máis axeitados para as persoas da súa zona, sempre que medren sen sufrir grandes danos a causa dos fertilizantes químicos e fumigacións tóxicas, coma os pesticidas.

Pasaremos unha xornada identificando e degustando prantas silvestres comestíbeis con César, e ao final poderemos compartir merenda co que traiamos cadaquén e/ou o que apañemos

Nesta actividade organizada pola Asociación Chandebrito 1807 non é necesario inscribirse, e ten un prezo Libre (cada participante pon o valor en función da calidade da información, profesor, entorno, a súa economía, etc.).





9/2/22

Obradoiro gratuíto de lingua de signos (II)

Esta agrupación convocou o segundo obradoiro de lingua de signos, que dará comezo o vindeiro luns dia 14 de febreiro en horario de 18:30 a 20:30 horas no seu local social, a antiga escola infantil de Chan de Brito.

Esta actividade desenvolverase tódolos luns desde o 14 de febreiro ata o 27 de xuño, ambos incluidos (un total de 20 xornadas de dúas horas cada unha).

Observaranse as medidas marcadas polas autoridaded sanitarias para a prevención de contaxios por coronavirus, Covid-19; recomendándose aos participantes que leven mascarilla axeitada (se algúen non leva poderase proporcionar unha á entrada o primeiro dia), e informamos que se ventilará o local convenientemente, disporemos de xel hidroalcohólico no acceso á aula -así como demáis material preciso- e cada un dos asistentes estará como mínimo a 1,5 metros de distancia entre sí.

Este obradoiro é completamente de balde, incluido o material didáctico necesario (principalmente fotocopias), pero cadaquén pode levar unha libreta para tomar notas, se o desexa. As persoas participantes poderán colaborar con esta Agrupación no que desexen, que iría destinado ao mantemento desta, do local social, e/ou a fins sociais.


As persoas interesadas poden obter máis información no teléfono 620097930 e as inscricións poderán realizaranse por whatsapp no mesmo número ou dirixindo un e-mail a chandebrito1807@gmail.com . Indicarán nome e apelidos, idade, núm. de teléfono e enderezo de correo-e.

Coa realización desta actividade, agardamos avanzar nos dereitos sociais de tódalas persoas, romper barreiras e a plena integración das persoas discapacitadas, ademáis de que os asistentes disfruten e que lles sexa útil.

1/7/20

Obradoiro gratuíto de Introdución á lingua de signos (I)

Esta agrupación convocou o primeiro obradoiro de introdución á lingua de signos, que dará comezo este xoves dia 2 de xullo en horario de 10:00 a 12:00 no seu local social, a antiga escola infantil de Chan de Brito.

Esta actividade desenvolverase tódolos martes e xoves dos meses de xullo e agosto (un total de 17 xornadas de dúas horas cada unha).

En cumprimento da normativa reguladora para a xestión da crise sanitaria provocada polo coronavirus, Covid-19; recoméndase aos participantes que leven mascarilla axeitada (se algúen non leva poderase proporcionar unha á entrada o primeiro dia), e informamos que se ventilará o local convenientemente, disporemos de xel hidroalcohólico no acceso á aula -así como demáis material preciso- e cada un dos asistentes estará como mínimo a 1,5 metros de distancia entre sí.

Este obradoiro é completamente de balde, incluido o material didáctico necesario (principalmente fotocopias), pero cadaquén pode levar unha libreta para tomar notas, se o desexa. As persoas participantes poderán colaborar con esta Agrupación no que desexen, que iría destinado ao mantemento desta, do local social, e/ou a fins sociais.


As persoas interesadas poden obter máis información no teléfono 620097930 e as inscricións poderán realizaranse por whatsapp no mesmo número ou dirixindo un e-mail a chandebrito1807@gmail.com . Indicarán nome e apelidos, idade, núm. de teléfono e enderezo de correo-e.

Coa realización desta actividade, agardamos avanzar nos dereitos sociais de tódalas persoas, romper barreiras e a plena integración das persoas discapacitadas, ademáis de que os asistentes disfruten e que lles sexa útil.