Respira e Pinta
Talleres de arteterapia en Chan de Brito. Na antiga escola infantil, os luns do mes de xuño de 18.00 a 19.30 horas.
Poderás dar os primeiros pasos do camiño da libre expresión: xogando co pincel vas liberando a creatividade que hai en tí de xeito natural. Non se precisa saber pintar, ao contrario, ás veces é mellor non saber nada, porque así no porás barreiras técnicas á exploración dos teus dons creativos ou os teus conflictos inconscientes.
Este é o baile do pincel ao ritmo da túa respiración, normal e consciente, que flúe como as cores.Tamén empregarás o pastel e collage.
É un taller dirixido a quenes desexen comezar un proceso de crecemento persoal a través da experiencia artística.
Ven vivir un momento coa arte e encherte de enerxía para o verán que se aveciña !.
Prezo: 30 euros (material incluido).
5/5/15
Roteiro de prantas e froitos silvestres comestiveis
Prantas e froitos silvestres medran de forma natural e espontánea, e aportan ao noso organismo elementos nutritivos de alto valor biolóxico, vitaminas, sales minerais e outras moitas substancias activas de propiedades preventivas e curativas, que na súa inmensa maioría, están ainda por descubrir.
As prantas silvestres teñen máis vitalidade e mellor calidade biolóxica, ademáis de posuir mellor capacidade de
adaptación ao medio que as de cultivo. Esta calidade da que gozan os vexetais
consiste na adaptación ás condicions especiais e ambientais do hábitat onde
medran. Ofrecendo os nutrientes e os elementos protectores máis axeitados para
as persoas da súa zona, sempre que medren sen sufrir grandes danos a causa dos
fertilizantes químicos e fumigacións tóxicas, coma os pesticidas.
Pasaremos a mañá identificando e degustando prantas silvestres comestiveis con César, e ao final compartiremos o xantar co que traiamos cadaquén e/ou o que
apañemos. Pola tarde Patri cociñará diferentes pratos coas plantas vistas pola
mañá.
Día: Sábado 16 de maio de 2015
Roteiro
de 11:00 a 14:00 h. (non é necesario inscribirse). Sen límite de participantes.
Obradoiro
de cociña silvestre de 16:00 a 19:00 h. (para poder participar debes anotarte
antes). O núm. máximo de participantes é de 15.
Lugar:
Chan de Brito
(Ás 10:30 h.
na antiga escola infantil, Rúa da Igrexa 2)
Inscricións:
Correo-e: chandebrito1807@gmail.com
ou
SMS: ao 667 380 223
As dúas actividades teñen Prezo Libre:
Ti pos o valor en función da calidade da información,
profesor, entorno, a túa economía …
(No caso do Roteiro, o prezo pódese trocar por óleo
usado de cociña)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)