Esta Asociación, logo de recibir queixas da veciñanza, e atendendo ao que establece o artigo 25.2 da Lei 7/1985 reguladora das Bases de Réxime Local, solicitou por escrito hai máis dun mes ao Concello de Nigrán que proceda á maior brevidade
posible a realizar as accións necesarias co fin de limpar as marxes e cunetas
da Rúa de Chandebrito (especialmente a marxe dereita dun tramo de 1 Km. desde o cruce do Camiño das Pereiras ata o lugar das "Centieiras", no límite coa
parroquia de Coruxo) e do Cmño. da Lapela.
Asi mesmo, solicitouse novamente a reposición
do asfaltado deste último vial en toda a súa sección (duns 4 m.), cando menos
no tramo de 650 metros de lonxitude localizado entre a pista da presa da Lapela
e a entrada da canteira, ao tratarse dun acceso a Vigo importante para a
veciñanza que se atopa nunhas condicións pésimas (presenta zonas con fochas e terras que causan perigo de atropelos, colisión entre vehículos e outros danos aos mesmos).
Esta Agrupación xa realizou peticións neste sentido en varias ocasións, ademáis da recollida de residuos nas marxes dos viais e actuacións puntuais de limpeza e desatascado de tuberías e cunetas nestes.