O vindeiro luns dia 23 de decembro, en horario de mañá ou de tarde (dous grupos ou quendas), a Asociación Chandebrito 1807 desenvolverá na escola infantil da parroquia (Rúa da Igrexa núm. 2, Chan de Brito) un Obradoiro de doces artesáns de nadal, cunha duración aproximada de dúas horas.
Pódense realizar as inscricións enviando un correo-e a chandebrito1807@gmail.com cos nomes e apelidos, enderezo de correo-e, núm. de teléfono de contacto, idade, zona de residencia, e quenda elixida.
Máis info. no tlf. 633363183 ou en www.chandebrito1807.blogspot.com
Para elo, realizaranse varios produtos: turróns, galletas decoradas e panettone.
Este taller, organizado por esta Asociación, impartirase, ao igual que en anos anteriores, por unha especialista na materia, Sonia de "Reishi Terapia".
Os gastos son 35 euros por persoa, que inclúen todo o material.
O obxectivo é promover un consumo máis responsable, unha alimentación máis sán, elaborando doces de xeito sinxelo, rápido e natural, e camiño á autosuficiencia.
As peticións de inscrición realizaranse mediante correo-e antes do venres dia 20 de decembro ás 15.00 h., reservándose a praza por orde de recepción das mesmas, ata un aforo máximo de 15 persoas cada un.