Os dias 20 e 21 de xuño de 2015 celebrarase na antiga escola de Chan
de Brito a segunda edición do obradoiro de pan ecolóxico da parroquia.
A agricultura e a panificación ecolóxicas
actúan baixo un mesmo espírito. O agricultor favorece a actividade biolóxica do
chan, o panadeiro favorece a actividade biolóxica da masa. O agricultor
biolóxico non utiliza pesticidas nin abonos químicos; o panadeiro biolóxico non
utiliza aditivos nin mellorantes. Para lograr seu obxectivo o agricultor
utiliza métodos culturais (compostaxe, abonos verdes, rotacións, asociacións, etc);
o panadeiro basea súa técnica en métodos de panificación utilizados durante xeracións
(fermentacións longas e utilización do formento).
O pan bio pretende recuperar a idea do pan
como alimento básico. Elaborado a partir de fariñas sen residuos e fermentado
con “formento” (“lévedo nai”) volve ser o alimento básico de sempre. A
elaboración na casa devólvenos o control sobre a nosa propia alimentación e
permite facer un pan san e nutritivo.
Obxectivos:
1. Explicar cales son
as bases da elaboración do pan na casa, cales son os principais problemas que
poden xurdir e como solucionalos.
2. Coñecer as virtudes
nutritivas do pan biolóxico feito con formento e do pan de landra.
3. Recuperar antigas
formas de elaboración do pan que permitan a autosuficiencia para o control de
nosa propia alimentación.
Dirixido
a: Calquera persoa interesada en
elaborar seu propio pan na casa
PROGRAMA:
Modulo Teórico:
v Pequena historia do pan
v Tipos de cereais e
características
v Vantaxes da moenda
en muíño de pedra
v Tipos de fariñas e
composicións
v Características do formento
(“lévedo nai”)
v Propiedades
nutritivas do pan feito con formento
v Ingredientes e
aditivos utilizados en panadería bio e convencional
v Procesado da landra
para facer pan
Modulo
práctico
v Elaboración do formento
e conservación do mesmo
v Distintas formas de
amasado
v Principios e
condicións durante a fermentación
v Elaboración pan de
trigo e pan de landra
v A cocción en un
forno “doméstico”
v Problemas e
solucións
Profesorado: César Lema Costas. Apañador e Panadeiro
biolóxico non profesional
Duración:
11
horas. Sábado 20 de 10 a 14 h. e de 16 a 19 h., e Domingo 21 de 10 a 14 h.
Número
de participantes: Máximo
de 13
Orzamento: Prezo Libre: Ti pos o valor en función da
calidade do obradoiro e da túa economía. (Prezo Libre non é de balde, nin é un
donativo)
Infraestrutura e equipamento do local: Mesa para amasado, Ordenador e Canón proxector.
Materiais que deberá achegar cada
participante:
- Un recipiente (tipo
bol) para amasado (con capacidade para 2 litros mínimo, e que non sexa de plástico),
panos de liño ou algodón e unha prenda de lá para tapar o pan d camiño a casa.
- Cada participante
no obradoiro pode traer 2 Kg de trigo integral bio (ou espelta integral bio),
ou ben compralo no propia aula deste obradoiro.
Máis información e inscricións: No teléf. 667380223 ou correo-e chandebrito1807@gmail.com
Máis información e inscricións: No teléf. 667380223 ou correo-e chandebrito1807@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario