O caderno, de 32 páxinas, contén unha selección
das noticias de maior interese daquelas que integraron a exposición realizada
durante varios meses na antiga escola de Chan de Brito, local social desta Asociación dende xullo de 2015. Cada un destes artigos de
prensa leva ao seu carón un resume, e algúns deles van comentados polo propio
autor.
Naquela ocasión, logo dun importante
traballo de búsqueda en nove xornais galegos, escolléronse pouco máis de 70
noticias publicadas en nove xornais galegos durante un século (de 1898 a 1999),
época na que o uso da internet no país era inexistente.
Esta iniciativa tivo como
obxectivo devolver á veciñanza a memoria histórica da parroquia. Foron ducias
de chandebriteños os que visitaron a mostra de noticias, moitas delas
descoñecidas pola gran maioría.
Unha das primeiras
publicacións sobre o lugar, o 26.05.1891, é o anuncio no Boletín Eclesiástico
do Bispado de Tui sobre a subasta de obras de reparación e ampliación da igrexa
(cun orzamento base de 3.750 ptas.),
Algunhas relataban sucesos
tráxicos, como aquel dia do ano 1903 no que se produciu un tiroteo nas Tomadas
contra dous veciños, ou aqueles nos que as festas da parroquia víronse
alteradas polas brutais agresións entre algúns dos asistentes.
Outras deron a coñecer cuestións moito máis felices, como a
creación no 1923 da primeira escola pública, ou do sindicato de agricultores no
1936 –que non durou máis que uns poucos meses, ao estalar a guerra civil-, o da
chegada da luz eléctrica no 1953, ou a celebración dunha multitudinaria competición
do xogo da chave no 1962.
Tamén se seleccionaron recortes de sucesos curiosos, como o premio de 15.000
ptas. concedido no 1959 a unha parella (primeiros veciños dos que saiu foto na
prensa) por concebir a 16 fillos. Outro grande bloque de noticias ten que ver
coa difusión do interesante patrimonio cultural da zona, que comezou a finais
dos anos 1970 e principios dos 80. Pero sen dúbida un dos apartados de maior
orgullo para a veciñanza é o do importante traballo desta desenvolto para poder
contar con servizos precisos para a colectividade: a rehabilitación da escola, as
traídas de auga, os accesos viarios á parroquia…
No hay comentarios:
Publicar un comentario