2/11/12
Exposición de fotos e documentos históricos da escola de Chandebrito
Durante estes meses previos recopiláronse moitos documentos, (o máis antigo data do ano 1923 -momento no que comeza o funcionamento da escola-), contando coa valiosa colaboración de mestras e familiares de mestras que estiveron ao frente do centro educativo, polo que agradecemos ás mesmas a súa achega, xa que sen ela este traballo non sería posible.
Con elo, esta Asociación quere render un merecido homenaxe a esta escola, na que se formaron moitos veciños da parroquia ata que desafortunadamente se procedeu ao seu peche no ano 2009 por falta de matrículas suficientes.
Convenio para realizar Traballos en Beneficio da Comunidade
Deste xeito, ao mesmo tempo que se lle facilita aos penados o cumprimento da pena nun lugar preto da súa residencia e nun horario compatible coas súas circunstancias familiares e laborais, a parroquia de Chandebrito beneficiarase do traballo que desenvolvan estas persoas en asuntos como a limpeza, mantemento e adecuación de camiños veciñais, do local social, de bens culturais (petroglifos, muíños de auga, etc.), entre outros.
Comeza un novo curso de cestería tradicional
A actividade, promovida pola Asociación "Chandebrito 1807", desenvolverase tódolos luns de novembro e decembro de 18.30 a 21.30 horas no local deste colectivo, a escola de Preescolar (Rúa da Igrexa, nº 4- Chandebrito). A duración do mesmo é de 24 horas e o custo é de 20 euros mensuais por alumno.
A acollida do curso foi todo un éxito, xa que se interesaron por él preto de vinte persoas non só de diversos lugares do municipio nigranés, senón tamén de Soutomaior, Porriño, Baiona, Vigo, etc., aínda que o número máximo de alumnos é de dez, polo que esta Asociación procurará realizar outra edición a partires do vindeiro mes de xaneiro, co fin de que todos os solicitantes poidan participar no mesmo.
Esta Asociación considera que a cestería é un dos oficios tradicionais máis antigos e importantes e, por elo, quere fomentar a súa recuperación e posta en valor, para que non se perda este patrimonio cultural inmaterial.
8/6/12
18/11/09
O concello olvidase de Chandebrito
Visto o anuncio público realizado polo Concello de Nigrán a finais do pasado mes de outubro en relación ás obras a realizar con cargo ao novo da Deputación de Pontevedra, que adxudica ao municipio algo máis de un millón de euros ata o ano 2011, confírmanse as sospeitas da Asociación “Chandebrito 1807” en relación á non inclusión polo goberno municipal das obras de mellora do Camiño da Lapela -conexión entre Chandebrito e Valadares- nin ningunha outra obra necesaria na parroquia de Chandebrito a través do citado Plan
Consideramos un engaño aos veciños/as o comunicado realizado polo Concello o 31 de outubro nalgún medio de comunicación, no que se informa de que a través do Plan mencionado se pavimentarán viais en tódalas parroquias ademáis das obras da rede xeral de sumidoiros nesta parroquia, cando a realidade é que non se valorou ningunha obra en Chandebrito e en canto a segunda fase do saneamento execútase na actualidade por parte da Consellería de Política Territorial da Xunta; polo que existe un agravio comparativo.
Entendemos desde esta Asociación que a mellora do vial a Valadares é unha das obras consideradas máis necesarias na parroquia de Chandebrito e das máis demandadas polos veciños/as, polo que en moitas ocasións esta Asociación solicitou ao Concello que se fixesen as xestións oportunas para acondicionar o vial; pero polo visto algúns membros do goberno municipal prefiren invertir cartos públicos en acondicionar torreiros de festas, que incluso nin son públicos nin dos veciños, como é o caso do da Ramallosa. Creemos que as prioridades deben centrarse na realización de obras de acceso aos núcleos de poboación e comunicación entre municipios, algo ao que están obrigados os concellos.
Creemos ademáis que é lamentable que o grupo municipal socialista non pense para nada nas demandas históricas nin sexa consecuente co que di, xa que presentou unha moción no pleno do 28/12/2004 co fin de realizar esta obra, polo que non é lóxico que agora non atendan esta proposta, algo que beneficiaría a todos, ao tratarse dun vial que comunica dous municipios.
Tamen se pode leer na Voz de Galicia
II xornadas micolóxicas de Chandebrito
O vindeiro domingo dia 22 de novembro está prevista a II xornada micoloxica de Chandebrito, sempre que o tempo o permita, para a recollida e identificación de cogumelos na que nos guiará, ao igual que o ano pasado, Jose Luis Tomé, membro da Federación Galega de Micoloxía.
- Data: domingo 22 de novembro
- Hora: 10:00 da mañá
- Lugar: Colexio Estudio - Chandebrito (Nigrán)
