30/6/14

Servizo de atención integral á veciñanza

SERVIZO DE ATENCIÓN INTEGRAL Á VECIÑANZA DE CHANDEBRITO



A Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807" prestará un servizo de asesoramento, recollida de peticións, queixas e suxerencias, etc. á veciñanza de Chandebrito para trámites ante as administracións públicas (Concello, Deputación, Xunta de Galicia, etc.). que se realizaría de xeito experimental na pranta baixa da escola infantil tódolos venres do mes de xullo e agosto (agás festivos) en horario de 17.30 a 18.30 horas.



Con esta actuación, preténdese dar unha maior participación e implicación nos asuntos públicos aos habitantes desta parroquia e achegarlles información do seu interese, xa que aínda a día de hoxe, teñen dificultades para chegar ás administracións, canalizando así as súas solicitudes, suxestións, etc. Ademáis, cabe ter en conta que ás veces, estas tampouco facilitan a participación cidadá do xeito máis oportuno.

22/4/14

Danos na Fraga dos Muiños de Rodas

http://www.farodevigo.es/comarcas/2014/04/20/montones-troncos-ramas-amenazan-tres/1008131.html

Infórmase que o pasado xoves dia 10 de abril déuselle conta tanto ao axente medioambiental da Xunta da zona como ao Concello de Nigrán dos danos producidos na Fraga dos Muíños de Rodas hai varias semanas; para que adoptasen as medidas pertinentes; sen que polo momento se teña resposta por parte dos mesmos.

Por elo, non se descarta tomar outras medidas, coa finalidade de que se reparen os danos ocasionados e así todos poidamos disfrutar desta maravillosa paraxe  

31/3/14

Curso de cestería de costelas en vimbio

Esta Asociación convoca un novo curso de cestería, neste caso especializado na realización de cestos de costelas en vimbio, que comezará o vindeiro luns dia 7 de abril e que se desenvolverá no local desta Asociación (antiga Escola de Chan de Brito, Rúa da Igrexa, núm. 2) tódolos luns de abril, maio e xuño ata o 23 deste mes, en horario de 18.00 a 20.30 (30 horas).

As inscricións realizaranse ata o luns dia 7 de abril ás 14.00 h., coa admisión dun máximo de 11 persoas. O número mínimo de persoas será de 8. O prezo é de 25 euros por persoa e mes, que se pagarán nos quince primeiros dias de cada un dos tres meses que dura esta edición.

O taller impartirase polo mestre cesteiro artesán Rubén Berto Covelo, veciño de Sárdoma (Vigo).

Para obter máis información e/ou inscribirse, os interesados poden contactar no teléfono núm. 667 380 223 ou a través do correo electrónico chandebrito1807@gmail.com , indicando nome e apelidos, número de teléfono de contacto, enderezo de correo electrónico e lugar de residencia.


27/2/14

Recuperación do muiño de auga das Loureiras





Dende a Asociación "Chandebrito 1807" temos intención de recuperar o muiño de auga das Loureiras, situado na parroquia de Chan de Brito, preto do monte de Fragoselo (Coruxo). Para elo, comezamos ...a buscar aos propietarios / herdeiros deste muiño, cos que queremos asinar un documento de cesión de uso; e tamén redactamos unha memoria de restauración da obra e acondicionamento do entorno e do acceso; actuación para a que xa solicitamos subvencións neste ano.



Por outra banda, este muiño forma parte dunha relación de 38 bens culturais desta parroquia para os que solicitamos a súa consideración de ben inventariado, algo que dende a Consellería de Cultura da Xunta nos comunicaron por escrito nos anos 2006, 2009 e 2013 que se daba traslado ao Concello de Nigrán para que se incorporasen ao catálogo de bens a protexer do Plan Xeral de Ordenación Municipal.



Nas fotos pódese observar cómo estaba no ano 2007 (cando comezamos a reivindicar a proteción deste e doutros bens culturais) e como está na actualidade, case sete anos despois

3/2/14

Solicitude de actuacións sobre o uso do bus urbano de Vigo pola veciñanza de Nigrán


Varias persoas asinaron unha solicitude presentada no Rexistro municipal o pasado dia 27 de xaneiro e dirixida ao Sr. Alcalde de Nigrán, na que expuñan as seguintes consideracións:

Que o goberno local do Concello de Vigo anunciou que proximamente as persoas non residentes no município vigués non se poderán beneficiar dos descontos que xenera a utilización da tarxeta verde ou bonobús, actualmente cun custo de 0,86 € por viaxe, no lugar de 1,32 € que vale o billete ordinario, é dicir 0,46 € de aforro por cada desprazamento; o que suporá para alguén que o usa diariamente pola semana un incremento aproximado duns 20 € mensuais -ida e volta-  (recentemente o Concello xa deixou de emitir esta tarxeta para todos aqueles que non estén empadroados no mesmo). Cabe lembrar que é o importe máis caro dos buses urbanos de Galicia.

Que no municipio de Nigrán existen varias persoas que necesitan forzosamente desprazarse a Vigo por motivos de estudos, comerciais, laborais, médicos (o hospital de referencia é Povisa, ubicado nunha zona na que prácticamente todas as prazas de aparcamento son de pago), etc.

Que no actual contexto de crise, con moitas familias que teñen a tódolos seus membros desempregados sen cobrar prestación algunha, estas non poden asumir ese custo, xa que ademáis deben facer frente ao pago dos recibos da luz, telefonía, auga, gas, seguros, tributos, etc., que se viron fortemente incrementados nos últimos tempos.

Que isto suporá un prexuízo importante para todos, que afectará moi negativamente ao medio ambiente –co uso masivo de vehículos particulares que desprenderán grandes cantidades de dióxido de carbono-, ao tráfico pola súa saturación, etc.

Por elo propuséronlle ao Sr. Alcalde de Nigrán a adopción das seguintes medidas urxentes para tratar de solucionar este problema, que afecta especialmente ás parroquias do interior, como a de Chandebrito, ao carecer esta de transporte público:

-          Solicitude ao Concello de Vigo de datos do censo de usuários e usuárias da tarxeta verde do bus urbano empadroados en Nigrán.
-          Contactar cos outros concellos da área afectados para expoñerlle de xeito común un acordo que evite ese incremento aos habitantes non residentes en Vigo.
-          No caso de non ser posible o citado no punto anterior, propoñer a sinatura dun convenio entre os dous concellos mediante o cal se subvencione o billete aos veciños/as de Nigrán, a través dun acordo coa Deputación de Pontevedra ou outras administracións, para que abonen os importes necesarios.

23/1/14

curso de cestería rectangular con vimbio

A Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807, ante o éxito de participación noutras edicións e coa finalidade de recuperar e poñer en valor un dos oficios tradicionais máis sobresaíntes no lugar, convoca un novo curso de cestería, neste caso especializado na cestería rectangular con vimbio, que comezará o vindeiro luns dia 10 de febreiro e que se desenvolverá no local desta Asociación (Escola infantil de Chan de Brito, Rúa da Igrexa, núm. 2) tódolos luns de febreiro e marzo de 18.00 a 20.30 (20 horas).



O curso impartirase polo mestre cesteiro vigués Rúben Berto Covelo.



As inscricións realizaranse ata o xoves dia 6 de febreiro, coa admisión dun máximo de 10 persoas.

O prezo é de 25 euros mensuais por persoa.

Para obter unha maior información ou inscribirse, os interesados poden contactar no teléfono núm. 667 380 223 ou a través do correo electrónico chandebrito1807@gmail.com .

2/1/14

Xestións ante o Concello para realizar varias actuacións necesarias

XESTIÓNS ANTE O CONCELLO DE NIGRÁN PARA REALIZAR VARIAS ACTUACIÓNS NECESARIAS NA PARROQUIA DE CHANDEBRITO:



Dende a Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807", vimos de solicitar novamente, coas sinaturas de ducias de veciños da localidade, que se adopten medidas urxentes para solucionar os seguintes asuntos na parroquia de Chandebrito, os cales xa se puseron en coñecemento da Concellería d...e Vías, Obras e Servizos dende hai tempo; manténdose ademáis unha xuntanza co responsable desta área o pasado luns dia 23 de decembro, na que este se comprometeu a realizar as actuacións necesarias nos vindeiros meses:



- Reparación e/ou substitución de reixas de arquetas de augas pluviais rotas perigosas, na R/ Laxese Rúa da Igrexa.



- Reposición total de asfalto no tramo do camiño da Subida a Mirador Castro – pista de Lapela ao Monte Alba situado na ladeira Noroeste da canteira; e ensanchar a sección en varias curvas.



- Xestións ante a Consellería do Medio Rural para o arranxo de 3 camiños forestais no barrio da Igrexa, cuestión demandada por varios veciños que non poden acceder ás súas fincas.



- Mellora dos accesos do Camiño de Cordiñas.



- Trasladar ao lugar máis axeitado o poste sito no cruce da Rúa das Laxes coa Rúa do Torreiro, xa que quedou dentro desta última vía pública con motivo da obra de ensanche da mesma por parte do Concello no 2003 e constitúe un importante obstáculo e supón un grave perigo tanto para os vehículos como para os peóns que circulan pola zona (solicitado dende o 2009).



- Ensanche da curva na R/ Laxes no cruce de acceso ao Colexio Estudio (perigo por falta de visibilidade no acceso). Arranxar Camiño campo de fútbol – Colexio.



- Requerir á Deputación a execución do proxecto da obra de ensanche da Rúa de Pracíns (E.P. 2102 Vincios – Nigrán), ou cando menos, as curvas á altura dos nº. 1, 3, 6, 21, no límite con Vincios e no Osqueiro (entre Camos e cruce Chandebrito -valla), buscando a cesión dos propietarios. (xa solicitado en numerosas ocasións): Esta Asociación comprometeuse a colaborar na posta a disposición dos terreos necesarios.



- Instalación de sinalización de tráfico: Reposición de sinal vertical “Stop” no acceso á Rúa de Chandebrito dende a R/ Laxes; colocar sinal límite veloc. a 40 Km./h no acceso dende Coruxo

- Limpeza de marquesiña no cruce da R/ Laxes coa R/ Chandebrito (parte posterior) e pintado da sita no cruce desta última rúa coa de Pracíns.



- Mellora de varias fontes de auga de uso público e adecuación do seu entorno (especialmente as do Cocho de Abaixo; Fonte Nova; Rapadouro e Penís (de Juan).



- Ampliación da rede xeral de sumidoiros na Rúa Laxes (dende a vivenda núm. 27 á 32) e nas Pereiras, (dende a R/ de Chandebrito núm. 15 ata as nº 29 – 31).

- Mellora das instalacións deportivas: colocación de postes e rede na parte norte do campo de fútbol (tirados polo vento), substitución de reixas frente aos vestiarios (causan perigo), dotación de cuberta metálica en vestiarios (arrancada polo vento), e substitución de alambrada do peche na pista polideportiva de cemento (colocada hai uns 13 anos e moi deteriorada).

- Roza e poda dos piñeiros da parcela na que se ubica a antiga escola infantil, e substitución dos xogos, moi deteriorados –adquiridos hai máis de 10 anos pola Comunidade de Montes- (é unha propiedade municipal, sen limpar dende o 2009, causando perigo de incendio). O Concello comprometeuse á mellora do parque.



- Recollida de terras xunto as presas existentes na Rúa de Chandebrito, propondo que esa terra se utilice para arranxar o camiño do Campiño, que enlaza a citada rúa coa das Laxes.



- Colaboración coa 2ª fase de restauración do muíño dos Matos para a súa posta en funcionamento (prevista para o 1º semestre de 2014): O concelleiro comprometeuse a facer achegas dentro do proxecto que se está redactando para o paseo natural do Río Muíños.



- Realizar as correccións do actual inventario de camiños públicos, achegadas por esta Asociación, incluindo no mesmo varios viais propostos que contan cos servizos municipais.



- Ademáis, volvemos insistir no asunto da mellora do transporte público por estrada