15/9/16

Curso de cestería: Cesta de Chan de Brito (V)

Esta Asociación, consciente do éxito obtido noutras edicións realizadas, e a demanda existente, e co fin de recuperar e poñer en valor un dos oficios tradicionais máis antigos, convoca para esta nova tempada 2016/2017 un curso de cestería tradicional denominado CESTA DE CHAN DE BRITO (V), coas seguintes características: 

Lugar: Escola Infantil de Chan de Brito (Rúa da Igrexa, 2)
Datas: Os luns, dende o 10 de outubro ate o 28 de novembro, ambos incluídos.
Total de horas: 20, repartidas en oito clases de 2 horas e media.
Prezo: Total do curso con materiais incluídos: 60 euros
Ferramentas: Tesoira de podar e navalla.
Impartido por: Rubén Berto, investigador e divulgador da Cesteiría.

Inscricións: Enviar ao correo-e da Asociación solicitude indicando nome e apelidos, número de teléfono, lugar de residencia, e enderezo de correo electrónico.

21/6/16

Charla sobre xestión dos montes

O venres dia 1 de xullo ás 19.30 h. na escola infantil de Chan de Brito realizaremos unha charla gratuita e aberta a tódolos interesados sobre aspectos de interese para os propietarios na xestión dos montes.


1/4/16

Curso de cestería de Costelas (cesta e bandexa) - 2016

A Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807", consciente do éxito obtido noutras edicións realizadas, e a demanda existente, e co fin de recuperar e poñer en valor un dos oficios tradicionais máis antigos, convoca para esta nova tempada 2015/2016 un curso de cestería denominado CESTA E BANDEXA DE COSTELAS 2016, coas seguintes características:

Lugar: Escola Infantil de Chan de Brito (Rúa da Igrexa, 2)
Datas e horarios: Tódolos luns dende o 18 de abril ata o 6 de xuño (ambos incluídos), de 18:00 a 20:30 h.
Prezo total do curso, de 2 meses (material incluido): 60 euros
Ferramentas: Navalla e tesoira de podar.
Impartido por: Rubén Berto Covelo, Investigador e Divulgador da Cesteria Galega 

Inscricións: No correo-e chandebrito1807@gmail.com , indicando nome e apelidos, número de teléfono, lugar de residencia, e enderezo de correo electrónico.


15/3/16

Charla sobre os efectos dos herbicidas

O vindeiro venres dia 18 de marzo ás 20.30 horas, impartirase na escola infantil de Chan de Brito unha charla informativa organizada pola agrupación "Comando Ghichas"e a "Asociación Chandebrito 1807" que tratará os efectos nocivos derivados do uso de herbicidas.

A charla impartirase polo doutor en bioloxía César Lema Costas, veciño do Val Miñor.

Con esta actividade, preténdese concienciar ás persoas para que fagan un uso racional deste tipo de produtos químicos, xa que o glifosato, tan utilizado en todo tipo de solos e de xeito indiscriminado, está no punto de mira ao considerarse posible canceríxeno.


20/1/16

Curso de cestería mixta (I)

A Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807", consciente do éxito obtido noutras edicións realizadas, e a demanda existente, e co fin de recuperar e poñer en valor un dos oficios tradicionais máis antigos, convoca para esta nova tempada 2015/2016 un curso de cestería tradicional denominado CESTERÍA MIXTA (I) (madeira e vimbio), coas seguintes características:

Lugar: Escola Infantil de Chan de Brito (Rúa da Igrexa, 2)
Datas: Tódolos luns dende o 1 de Febreiro ata o 28 de Marzo (ambos incluídos)
Horario: Os luns de 18:00 a 20:30 h.
Prezo: 30 euros ao mes
Ferramentas: Navalla e tesoira de podar.
Impartido por: Rubén Berto Covelo, Investigador e Divulgador da Cesteria Galega 

Inscricións: Enviar ao correo-e chandebrito1807@gmail.com solicitude indicando nome e apelidos, número de teléfono, lugar de residencia, e enderezo de correo electrónico.


14/12/15

I Taller de turróns artesáns

O vindeiro venres dia 18 de decembro desenvolverase no local social desta Asociación (Rúa da Igrexa, 2 - Chan de Brito) o I obradoiro de elaboración de turróns artesáns.
Os interesados poden optar por unha das dúas quendas programadas: de 18,30 a 20,30 ou de 20,30 a 22,30 horas.
O donativo por persoa é de 20 euros, que inclúe tódolos gastos e o material (cada unha só debe levar dous envases baleiros de tetra brick).
Poden obter máis información ou inscribirse chamando ao teléfono núm. 667380223 ou escribindo un correo-e ao enderezo: chandebrito1807@gmail.com ata o xoves 17.
Este Nadal crea os teus propios turróns e lévaos para casa !!.


10/12/15

Solicitude de parque biosaudable

Esta Asociación ven de presentar nestes dias diversa documentación solicitando ao Concello de Nigrán que se instale un parque biosaudable en Chan de Brito formado por varios equipos de ximnasia, que permitan manter a forma física e previr ou tratar diferentes doenzas e lesións concretas; propoñendo para elo unha chan de 15 x 3 metros localizada na parte Sur do parque da antiga escola infantil, única parcela de titularidade municipal nesta parroquia. Neste espazo poderíanse instalar ata 6 aparatos deste tipo.

Tanto nesta como na súa contorna non existe parque biosaudable algún no que a veciñanza da mesma poida realizar exercicio físico axeitado para levar unha vida sá; tendo que desprazarse como mínimo a uns 10 Kms. para elo.

Estes parques ó aire libre están compostos por diferentes equipos de ximnasia, que permiten manter a forma física e previr ou tratar diferentes doenzas e lesións concretas. Están deseñados para a práctica de exercicio físico de adultos a partires de 40 anos e son especialmente recomendados para maiores de 60, porque lles permiten mellorar a mobilidade, aumentar a flexibilidade e tonificar a musculación de todo o corpo. Potencian unha vellez saudable, dinámica e autónoma e constitúense como alternativa e complemento perfecto ás prácticas dirixidas que hai xa anos veñen organizando outros concellos da contorna.

As vantaxes fundamentais dos circuítos biosaudables, dende o punto de vista dos profesionais do deporte céntranse en que:
- Permiten realizar un exercicio físico completo que incide favorablemente sobre todos os compoñentes da condición física saudable dos maiores.
- Permiten realizar exercicio físico adaptado a este colectivo específico e seguro. Isto é importante porque se realiza sen supervisión.
- A nivel articular, supón sen dúbida un gran avance para a prevención de dexeneracións articulares, que a longo prazo adóitanse converter en lesións e polo tanto en perda de calidade de vida para o suxeito.
- Biomecánicamente é unha gran vantaxe poder traballar en primeiro lugar cun gran percorrido articular e segundo co propio peso do individuo, isto evita forzar as articulacións e os músculos, algo que pode ocorrer co traballo coas resistencias.
- Permite realizar un traballo muscular lento e controlado cun sinxelo manexo e efectividade.

Precisamente, unha das propostas de actuación para esta parroquia, realizadas na campaña electoral das pasadas eleccións locais do 24 de maio de 2015 polo PSdeG-PSOE de Nigrán, que goberna nese Concello, é “Dotaremos aos barrios de Chandebrito de pequenas instalacións deportivas que melloren a calidade de vida dos veciños/as e permitan o esparexemento dos máis novos/as.” Cabe ter tamén en conta que os concellos deben promover a práctica de deporte, e en xeral, o fomento dunha vida sá.