17/3/17

Curso de cestería: forrado de botellas e garrafóns con vimbio (I)

Dende o vindeiro luns dia 3 ata o 24 de abril, tódolos luns do mes en horario de 18.00 a 20.30 h. (un total de 10 horas), desenvolverase na escola infantil de Chan de Brito unhas xornadas de cestería consistentes no forrado de botellas e garrafóns con vimbio, de xeito artesán, guiadas polo investigador Rubén Berto, e organizadas por esta Agrupación cultural.

As persoas interesadas en participar nas mesmas, deben solicitalo antes do 31 de marzo, podendo remitir un correo electrónico a chandebrito1807@gmail.com , indicando nome e apelidos, lugar de residencia, enderezo de correo-e e núm. de teléfono de contacto.

O número mínimo de participantes será de 6 e o máximo de 12. O importe total é de 30 euros por persoa (equivalente aos gastos), con todo incluído agás o garrafón.

22/2/17

II xornada práctica de enxertos

Ante o éxito no número de inscricións da I xornada práctica de enxertos de Chan de Brito, prevista para este sábado dia 25 de febreiro de 2017, e que impartirá D. Jose Luis Alonso; esta Asociación decidiu realizar unha nova convocatoria da xornada, a celebrar o vindeiro sábado dia 11 de marzo en horario de 16.30 a 20.30 h. na escola infantil de Chan de Brito.

O custo por persoa, con todo o material incluido, é de 10 euros.

O número de participantes será de 5 como mínimo e 20 como máximo. O prazo de inscrición rematará ao cubrirse o cupo total, e, en todo caso, o 9 de marzo ás 00.00 horas.

Para participar nesta actividade será preciso solicitalo por correo electrónico ao enderezo chandebrito1807@gmail.com indicando o nome e apelidos, NIF, núm. de teléfono de contacto, lugar de residencia e correo-e.

TEMARIO:

- PARTES DUNHA ÁRBORE
- QUE É UN ENXERTO E PARA QUE SERVE
- COMPATIBILIDADE NOS ENXERTOS
- TIPOS DE ENXERTOS
- EPOCA MAIS AXEITADA PARA CADA ENXERTO
- RECOLLIDA DE PUGAS
- FERRAMENTAS E MATERIAIS NECESARIOS
- COIDADOS POSTERIORES
- PRÁCTICAS CON ENXERTO DE PUGA
- BASES DO ENXERTO DE XEMA (AVANCE TEÓRICO)



* 
Entregarase un libriño, no que se indican fundamentalmente as compatibilidades entre patrón e enxerto, asi como as datas máis apropiadas para cada enxerto según especies.

* Tódolos materiais para as prácticas proporcionaranse polo formador.


11/2/17

Deficiencias na escola infantil

O pasado dia 7 de febreiro, a Asociación Veciñal Chandebrito 1807 remitiu solicitude ao Concello de Nigrán, reiterando instancias presentadas en novembro de 2015 e en maio de 2016 -entre outras datas-, e que se atopan sen contestar (ao igual que todas as outras que se lle remitiron), nas que se pedía a reparación das seguintes deficiencias observadas no terreo da escola infantil de Chandebrito, de titularidade do Concello de Nigrán:

- Diversas planchas de corcho no piso da pranta baixa levantadas pola humidade dende hai máis de cinco anos, con risco de tropezar nelas e producir lesións (lateral Leste).
- Enchufe queimado dende hai máis de cinco anos (parede Leste da planta baixa) e cun mal funcionamento, con risco de producir curtocircuitos.
- Armario cunha porta rota dende hai anos.
- Carencia de aseos para o uso dos usuarios do baixo do inmoble, ao non ter acceso aos existentes no primeiro andar.
- Caixa de correo e contador do subministro eléctrico estragados dende hai moitos anos, causando serio risco de danos por cortes.
- Acumulación dunha gran morea de pólas dos piñeiros podados na parcela, moi próximas á edificación pola zona Sur, que impiden o paso ao parque infantil e provoca risco de danos graves no caso de lume forestal.
- Valo metálico non suxeito suficientemente xunto á citada morea de restos forestais, ocasionando risco de caída cara a estrada, a varios metros de altura.
- Tobogán mal colocado, con inclinación incorrecta, formando poza de auga no mesmo ao chover, o que imposibilita a súa utilización.
- Cable de enerxía eléctrica practicamente pegado ao columpio, con risco de danos graves para as usuarias (sería preciso a colocación dun novo poste na estrada para evitar que pase por enriba do parque infantil).

A Asociación considera que o goberno municipal fai deixación de funcións ao someter ao abandono as referidas instalacións, podendo ocasionar facilmente danos e prexuízos derivados do mal estado e/ou deficiencia das mesmas.

Ademáis de trasladarlle ao concello o anteriormente exposto, esta Agrupación tamén lle fixo saber que de non obter resposta a esta petición nun prazo de dez días, remitirase queixa ao Valedor do Pobo, Dirección Xeral de Admón. Local, Consellerías competentes da Xunta, á Comisión de Suxerencias e Reclamacións, e Grupos municipais da corporación.

23/1/17

Xornada práctica de enxertos

O sábado dia 25 de febreiro de 2017 en horario de 16.30 a 20.30 h. realizarase unha xornada práctica de enxertos na escola infantil de Chan de Brito, organizada por esta Asociación e impartida por Jose Luis Alonso, de Gondomar.

O custo por persoa, con todo o material incluido, é de 10 euros.

O número de alumnos/as será de 5 como mínimo e 20 como máximo.

Para participar nesta actividade será preciso solicitalo por correo electrónico ao enderezo chandebrito1807@gmail.com indicando o nome e apelidos, NIF, núm. de teléfono de contacto, lugar de residencia e correo-e.

TEMARIO:

- PARTES DUNHA ÁRBORE
- QUE É UN ENXERTO E PARA QUE SERVE
- COMPATIBILIDADE NOS ENXERTOS
- TIPOS DE ENXERTOS
- EPOCA MAIS AXEITADA PARA CADA ENXERTO
- RECOLLIDA DE PUGAS
- FERRAMENTAS E MATERIAIS NECESARIOS
- COIDADOS POSTERIORES
- PRÁCTICAS CON ENXERTO DE PUGA
- BASES DO ENXERTO DE XEMA (AVANCE TEÓRICO)



*
Entregarase un libriño, no que se indican fundamentalmente as compatibilidades entre patrón e enxerto, asi como as datas máis apropiadas para cada enxerto según especies.

* Tódolos materiais para as prácticas proporcionaranse polo formador.



18/1/17

Encontro de cestería: Mochilas en palla

Dende o vindeiro luns dia 6 de febreiro e ata o 13 de marzo, tódolos luns en horario de 18.00 a 20.30 h., desenvolverase na escola infantil de Chan de Brito unhas xornadas de cestería consistentes na elaboración de mochilas con palla de centeo de xeito artesán, guiadas polo mestre artesán Rubén Berto, e organizadas por esta Agrupación cultural.

Para máis información e inscricións poden chamar ao teléfono 667380223 ou enviar un correo electrónico ao enderezo chandebrito1807@gmail.com 


13/1/17

Xornada de xogos tradicionais "Xogando miudiño"

O domingo 29 de xaneiro a partires das 10.30 h. da mañá, desenvolverase no Torreiro vello do "Sobreiro" en Chan de Brito (a carón da igrexa parroquial), unha xornada de xogos ou brinquedos tradicionais, organizado polo Concello de Nigrán e a Asociación "Chandebrito 1807".

Esta Asociación Veciñal e Cultural, ao igual que a Concellería de Cultura, teñen como un dos obxectivos principais a conservación e posta en valor do patrimonio cultural, tanto material como inmaterial, ademáis de fomentar as relacións e a convivencia entre a veciñanza e demáis poboación, de aí que programen iniciativas coma esta.


6/12/16

obradoiro de doces caseiros

O vindeiro sábado dia 17 de decembro, en horario de 16,30 a 20,30 horas, realizarase na escola infantil de Chan de Brito (Rúa da Igrexa, 2) un obradoiro especial de nadal de Doces caseiros, baixo a premisa "Camiño á autosuficiencia".

Para elo, realizaranse varios produtos: turrón branco Detox, Ganache cruxiente, turrón vegano, mazapán, boliñas de améndoa e castaña e chocomazapán.

Este taller, organizado por esta Asociación, conta coa colaboración da Fundación Galicia Verde, e impartirase por dúas especialistas, Sonia de "Reishi Terapia" e Ofelia de "Azaia".

Os gastos son 35 euros por persoa, que inclúe todo o material, productos e un caderno coas receitas que se farán neste obradoiro e algunha máis, tanto de productos do nadal como de aproveitamento do que sobra cando rematan as festas.

O obxectivo é promover un consumo máis responsable, unha alimentación máis sán, elaborando doces de xeito sinxelo, rápido e natural.

As inscricións realizaranse antes do venres dia 16 de decembro ás 15.00 h., indicando nome e apelidos, idade, núm. teléfono, correo-e, e lugar de residencia.