A Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807" remitiu hai uns meses ao Valedor do Pobo de Galicia copia das reclamacións e demáis documentos do expediente da Subvención de 660 € concedida polo concello de Nigrán a esta Asociación a principios do ano 2008 para actividades socio-culturais; debido a que este Concello a día ...de hoxe aínda non procedeu a pagar máis do 50 % da citada axuda.
A contestación que deu recentemente o Valedor do Pobo a este colectivo é que o concello aínda non lle remitiu o informe demandado pola mencionada Institución galega, polo que llo requeriron novamente (lembrándolle expresamente que tal envío resulta unha obriga legal, segundo dispón o artigo 22 da Lei do Valedor do Pobo).
Esta Asociación considera bochornosa esta e outras cuestións, tales como a desidia e o desprezo co que tratan a este e outros colectivos que reclaman actuacións absolutamente necesarias, urxentes e de competencia do Concello de Nigrán, e por elo, pide a dimisión do goberno municipal do PP por incompetente, algo que veñen reclamando incluso moitos dos seus propios votantes.
28/8/14
ACTUACIÓNS REALIZADAS ACTUALMENTE POLA ASOCIACIÓN "CHANDEBRITO 1807" A FAVOR DO PATRIMONIO CULTURAL E DO MEDIO AMBIENTE
Nestes dias, a Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807 realizamos diversas actividades para a conservación e posta en valor do rico patrimonio da parroquia de Chan de Brito:
- Restauración da canle do muíño dos Matos, que culminará o mes que ven coa instalación de todas ...as pezas deste. Ademáis, limparase o tramo do sendeiro histórico-etnográfico preto da ponte ubicada uns cen metros máis abaixo do muíño.
- Colocación de indicadores de topónimos grabados en pedra (9 nomes, agardando que nos vindeiros dias se instalen máis placas sinalizando outros 16 nomes de lugar, que se sumarían aos 7 xa colocados con anterioridade -facendo así un total de 32-.)
- Arranxo do tellado do muíño das Chans dos Cruceiros e roza de maleza no seu perímetro.
- Reposición de sinalización e de valo de madeira de protección do castro.
- Limpeza das marxes e da superficie do camiño medieval do Soeido.
- Sinalización de varios grupos de muiños rupestres no barrio das Tomadas, cuxos accesos e contorna xa se limparan o ano pasado.
- Roza do acceso e perímetro de petroglifos na mesma zona.
- Limpeza e acondicionamento da fonte de auga do Cocho de Abaixo, en Pracíns.
- Limpeza do monte veciñal en man común lindeiro coas propiedades particulares e pistas forestais.
- Recollida, selección e reciclaxe de lixo depositado na contorna do Colexio Estudio, parque forestal, campo de fútbol, Torreiro de festas, etc.
Por outra banda, tamén se instalaron sinais de tráfico na rúa das Laxes.
Durante estes meses de agosto e setembro, prevese a realización de máis actuacións de limpeza, acondicionamento e outras melloras na parroquia con persoal voluntario e de traballos en beneficio da comunidade.
Tamén se solicitará novamente ao Concello de Nigrán a adopción de medidas para a mellora de certas zonas (arranxo dos camiños da Lapela, do Vargo, de Cordiñas, das Entre Paredes- Palleiros; colocación de reixas metálicas; construción de pasos elevados de peóns e dotación de nova sinalización na Rúa de Chandebrito; acondicionamento da parcela da antiga escola infantil -roza, poda e reposición de xogos do parque infantil-); etc.

Etiquetas:
Solicitudes ou peticións
30/6/14
Servizo de atención integral á veciñanza
SERVIZO DE ATENCIÓN INTEGRAL Á VECIÑANZA DE CHANDEBRITO
A Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807" prestará un servizo de asesoramento, recollida de peticións, queixas e suxerencias, etc. á veciñanza de Chandebrito para trámites ante as administracións públicas (Concello, Deputación, Xunta de Galicia, etc.). que se realizaría de xeito experimental na pranta baixa da escola infantil tódolos venres do mes de xullo e agosto (agás festivos) en horario de 17.30 a 18.30 horas.
Con esta actuación, preténdese dar unha maior participación e implicación nos asuntos públicos aos habitantes desta parroquia e achegarlles información do seu interese, xa que aínda a día de hoxe, teñen dificultades para chegar ás administracións, canalizando así as súas solicitudes, suxestións, etc. Ademáis, cabe ter en conta que ás veces, estas tampouco facilitan a participación cidadá do xeito máis oportuno.

Traballos da asociación
22/4/14
Danos na Fraga dos Muiños de Rodas
http://www.farodevigo.es/comarcas/2014/04/20/montones-troncos-ramas-amenazan-tres/1008131.html
Infórmase que o pasado xoves dia 10 de abril déuselle conta tanto ao axente medioambiental da Xunta da zona como ao Concello de Nigrán dos danos producidos na Fraga dos Muíños de Rodas hai varias semanas; para que adoptasen as medidas pertinentes; sen que polo momento se teña resposta por parte dos mesmos.
Por elo, non se descarta tomar outras medidas, coa finalidade de que se reparen os danos ocasionados e así todos poidamos disfrutar desta maravillosa paraxe

31/3/14
Curso de cestería de costelas en vimbio
Esta Asociación convoca un novo curso de cestería, neste caso especializado na realización de cestos de costelas en vimbio, que comezará o vindeiro luns dia 7 de abril e que se desenvolverá no local desta Asociación (antiga Escola de Chan de Brito, Rúa da Igrexa, núm. 2) tódolos luns de abril, maio e xuño ata o 23 deste mes, en horario de 18.00 a 20.30 (30 horas).
As inscricións realizaranse ata o luns dia 7 de abril ás 14.00 h., coa admisión dun máximo de 11 persoas. O número mínimo de persoas será de 8. O prezo é de 25 euros por persoa e mes, que se pagarán nos quince primeiros dias de cada un dos tres meses que dura esta edición.
O taller impartirase polo mestre cesteiro artesán Rubén Berto Covelo, veciño de Sárdoma (Vigo).
Para obter máis información e/ou inscribirse, os interesados poden contactar no teléfono núm. 667 380 223 ou a través do correo electrónico chandebrito1807@gmail.com , indicando nome e apelidos, número de teléfono de contacto, enderezo de correo electrónico e lugar de residencia.

27/2/14
Recuperación do muiño de auga das Loureiras
Por outra banda, este muiño forma parte dunha relación de 38 bens culturais desta parroquia para os que solicitamos a súa consideración de ben inventariado, algo que dende a Consellería de Cultura da Xunta nos comunicaron por escrito nos anos 2006, 2009 e 2013 que se daba traslado ao Concello de Nigrán para que se incorporasen ao catálogo de bens a protexer do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
Nas fotos pódese observar cómo estaba no ano 2007 (cando comezamos a reivindicar a proteción deste e doutros bens culturais) e como está na actualidade, case sete anos despois
Etiquetas:
Solicitudes ou peticións
3/2/14
Solicitude de actuacións sobre o uso do bus urbano de Vigo pola veciñanza de Nigrán
Varias persoas asinaron unha solicitude presentada no Rexistro municipal o pasado dia 27 de xaneiro e dirixida ao Sr. Alcalde de Nigrán, na que expuñan as seguintes consideracións:
Que o goberno local do Concello de Vigo anunciou que
proximamente as persoas non residentes no município vigués non se poderán
beneficiar dos descontos que xenera a utilización da tarxeta verde ou bonobús,
actualmente cun custo de 0,86 € por viaxe, no lugar de 1,32 € que vale o
billete ordinario, é dicir 0,46 € de aforro por cada desprazamento; o que
suporá para alguén que o usa diariamente pola semana un incremento aproximado
duns 20 € mensuais -ida e volta-
(recentemente o Concello xa deixou de emitir esta tarxeta para todos
aqueles que non estén empadroados no mesmo). Cabe lembrar que é o importe máis
caro dos buses urbanos de Galicia.
Que no municipio de Nigrán existen varias persoas que
necesitan forzosamente desprazarse a Vigo por motivos de estudos, comerciais,
laborais, médicos (o hospital de referencia é Povisa, ubicado nunha zona na que
prácticamente todas as prazas de aparcamento son de pago), etc.
Que no actual contexto de crise, con moitas familias
que teñen a tódolos seus membros desempregados sen cobrar prestación algunha,
estas non poden asumir ese custo, xa que ademáis deben facer frente ao pago dos
recibos da luz, telefonía, auga, gas, seguros, tributos, etc., que se viron
fortemente incrementados nos últimos tempos.
Que isto suporá un prexuízo importante para todos,
que afectará moi negativamente ao medio ambiente –co uso masivo de vehículos
particulares que desprenderán grandes cantidades de dióxido de carbono-, ao
tráfico pola súa saturación, etc.
Por elo propuséronlle ao Sr. Alcalde de Nigrán a
adopción das seguintes medidas urxentes para tratar de solucionar este
problema, que afecta especialmente ás parroquias do interior, como a de
Chandebrito, ao carecer esta de transporte público:
-
Solicitude ao Concello de Vigo de datos do censo de usuários e usuárias
da tarxeta verde do bus urbano empadroados en Nigrán.
-
Contactar cos outros concellos da área afectados para expoñerlle de
xeito común un acordo que evite ese incremento aos habitantes non residentes en
Vigo.
-
No caso de non ser posible o citado no punto anterior, propoñer a
sinatura dun convenio entre os dous concellos mediante o cal se subvencione o
billete aos veciños/as de Nigrán, a través dun acordo coa Deputación de
Pontevedra ou outras administracións, para que abonen os importes necesarios.
Etiquetas:
Solicitudes ou peticións
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

.jpg)
.jpg)