28/3/22
Execución de novas actuacións con Traballos en Beneficio da Comunidade
Esta Agrupación, no marco da colaboración co CIS de Vigo, Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias desde o ano 2011, para o cumprimento de penas con traballos en beneficio da comunidade no ámbito territorial da parroquia de Chan de Brito, ven de realizar desde o 22 de xaneiro ata o 5 de marzo (durante un total de 48 horas) as seguintes actuacións na zona:
9/2/22
Obradoiro gratuíto de lingua de signos (II)
Esta agrupación convocou o segundo obradoiro de lingua de signos, que dará comezo o vindeiro luns dia 14 de febreiro en horario de 18:30 a 20:30 horas no seu local social, a antiga escola infantil de Chan de Brito.
As persoas interesadas poden obter máis información no teléfono 620097930 e as inscricións poderán realizaranse por whatsapp no mesmo número ou dirixindo un e-mail a chandebrito1807@gmail.com . Indicarán nome e apelidos, idade, núm. de teléfono e enderezo de correo-e.8/5/21
Axudamos a adecentar e rematar inmobles na parroquia
As actuacións que poden ser obxecto de axuda son as seguintes:
- Tratamento de paredes medianeiras vistas, mediante cobertura con materiais de revestimento, pintado ou tratamento vexetal, adaptadas aos criterios da Guía de cor e materiais de Galicia (CGCMG).
- Revestimento e pintado de fachadas actualmente rematadas en ladrillo cerámico ou bloque de formigón sen revestir, adaptados aos CGCMG.
- Renovación do acabamento exterior das fachadas de edificacións (paramentos e carpintarías) que supoñan un impacto paisaxístico como consecuencia da tonalidade e/ou a intensidade da actual cor de acabamento, para substituílo por solucións adaptadas á GCMG.
- Remate exterior de cubertas realizadas con pranchas de fibrocemento, mediante a instalación ben de tella cerámica ben de lousa, en función do material tradicional da comarca, de acordo coas recomendacións da GCMG.
- Acondicionamento e mellora de peches de predios de gran dimensión (altura superior a 1,50 m.), mediante a substitución de muros opacos por solucións diáfanas ou sebes vexetais adaptadas aos criterios da Guía de boas prácticas de caracterización e integración paisaxística de valados (GBPCIPV).
- Revestimento de muros de cerramento de predios realizados con bloques de formigón, con fábrica de pedra semellante á cachatería tradicional, adaptada aos criterios da GBPCIPV.
- Substitución de celosías e outros tipos semellantes de pezas prefabricadas de cerámica ou de formigón, en cerramentos de predios, por solucións diáfanas ou sebes vexetais adaptadas aos criterios da GBPCIPV.
O prazo de solicitude remata o vindeiro luns dia 31 de maio, e poderase realizar a través da páxina web https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MT402A
Ademáis, esta Asociación concederá unha axuda complementaria no caso de que as persoas interesadas non poidan completar a obra cos seus medios, para poder rematar tellados, recebar ou pintar fachadas, portas, fiestras, etc.
Para maior información, poden contactarnos escribindo ao enderezo de correo-e chandebrito1807@gmail.com .
Propomos ao Concello de Nigrán unha ordenanza para a prevención de incendios
O seu propio pleno aprobou no 2018, instar ao alcalde e goberno municipal a que se elabore un Plan Municipal de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais; a elaborar un Plan de Emerxencias Municipal; e a exercer as obrigas contempladas no artigo 7 da Lei de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais de Galicia.” Un ano despois elaborouse un plan de acción municipal fronte a lumes forestais, que é clónico e adolece de moitas cousas, e que en relación coa normativa cuxa adopción solicita esta Agrupación non ten máis que unha complementariedade.
16/12/20
Solicitude de convocatoria do Consello Sectorial do PXOM de Nigrán
No ano 2008 o Concello de Nigrán creou o Consello Sectorial do Plan Xeral de Ordenación Muncipal, órgano que segue a estar vixente, pero que desde hai uns dez anos só se convocou en contadas ocasións para ser informado de forma xeral polo goberno municipal, pero non para non para a participación efectiva, asesoramento, consulta, proposta, información e debate nas cuestións relacionadas con PXOM.
Tendo en conta o establecido no Regulamento orgánico aprobado o 28.05.2008 coa finalidade de regular este órgano para canalizar a participación da veciñanza na tramitación do referido documento urbanístico, a Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807 (que forma parte do mesmo) ven de solicitar ao Concello de Nigrán por escrito que se convoque o Consello Sectorial do PXOM para a participación efectiva, asesoramento, consulta, proposta, información e debate nas cuestións importantes relacionadas co Plan Xeral.


