A
Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807" oferta para o mes de setembro
un curso de manexo do estrés e das emocións: taller de risoterapia, dirixido a
persoas adultas, no local social desta Asociación (Escola de Infantil de
Chandebrito, na rúa da Igrexa, núm. 2).
O
taller introductorio desenvolverase os dias 12, 19, 26 de setembro e 3 de outubro en
horario de tarde, dúas horas diarias (a partires das 19.45).
O
número de participantes será un mínimo de 10 e un máximo de 20 persoas.
O prezo deste curso (co-financiado por esta Asociación), é de 30 euros en total por persoa.
Os
obxectivos desta actividade son:
- Coñecer os beneficios das emocions positivas e a relaxación a nivel físico, mental e emocional.
- Desbloquear tensions facilitando a expresión de sentimentos variados: pasalo ben nas sesions, relaxarse.
- Agudizar a percepción enxeñosa e positiva: flexibilizar o pensamento.
- Aprender a utilizar a relaxación e as emocions positivas como autoterapia.
- Experimentar a risa interior: adquirir unha disposición ao bo humor a través do autocoñecemento.
As inscricións faranse ata o luns dia 9 de setembro a través do correo
electrónico chandebrito1807@gmail.com ou no
teléfono núm. 667 380 223.
No hay comentarios:
Publicar un comentario