A Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807" organiza unha charla
informativa sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Nigrán no seu
local social (antiga escola infantil de Chandebrito) o vindeiro venres
dia 13 de setembro a partires das 19.00 horas.
Esta Asociación, tras estudar os documentos que compoñen o PXOM, ten intención de presentar alegacións
ao mesmo no trámite de información pública da súa aprobación inicial
(ata o 4 de outubro), ao conter numerosos e importantes erros, non
recoller 38 bens culturais e tamén para solicitar a ampliación do solo
de núcleo rural para favorecer aos veciños/as; aínda que estas
alegacións tamén van a depender do que opine e decida a maioría dos
veciños/as desta parroquia.
Asi mesmo, anima aos veciños a que
presenten as alegacións que consideren oportunas, para o que prestará a
súa total disposición e colaboración gratuitamente co apoio dun técnico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario