O sábado 23 de novembro a partires das 10.30 da mañá, o Concello
organizará unha ruta de sendeirismo polo camiño dos Matos, na que os
asistentes visitarán o muíño restaurado pola nosa Asociación.
Ademáis, o dia seguinte, o domingo 24, partiremos aproximadamente ás
11.00 h. dende o mesmo lugar nunha visita organizada pola Asociación
Cultural "O Coto" de Cabral, na que
participarán ducias de nenos e nenas de Vigo, co obxectivo de ensinar
aos cativos a importancia do respeto ao patrimonio cultural e natural da
zona.
Durante o ano 2014, ademáis de realizarse a 2ª fase de
restauración do muíño dos Matos para a súa posta en funcionamento, vaise
a executar un paseo natural á beira do río Muiños dende o seu nacente
en Chan de Brito. Actualmente estamos traballando na roza de maleza
neste río, así como o arranxo do camiño polo que transcorre a ruta co
fin de que non se formen pozas de auga no mesmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario