A Asociación Veciñal e Cultural
“Chandebrito 1807”, presentou no prazo de exposición publica unha reclamación á
aprobación inicial da modificación da Ordenanza Fiscal da Taxa pola prestación
do servizo de recollida de lixo do Concello de Nigrán.
A reclamación presentada
fundaméntase principalmente no firme rexeitamento desta asociación á redución
da cuota do 40% para as industrias, talleres e farmacias, negocios nos que
teñen intereses algúns membros do goberno municipal, mentres que para outros
como os da hostalería (bares, cafeterías, restaurantes, hoteis), supermercados
e locais comerciais en xeral non se reduce absolutamente nada o que significa
un claro agravio comparativo. No que sí estamos de acordo é na redución da taxa
ás vivendas nun 3,5 %, a pesar de chegar tarde e só en época pre-electoral.
Esta Asociación non vai aceptar
presións de ningún tipo para que retire a reclamación presentada no Concello e
se ao alcalde non lle foron suficientes os prazos para aprobar a modificación
que pretendía para aplicala no exercicio 2015 só debeuse a súa propia
incompetencia e debe asumir as súas propias responsabilidades por aprobar
inicialmente e publicar a modificación da ordenanza tarde.
Por outra banda, estamos
agardando a que este goberno municipal resposte algunha das moitas solicitudes
que lle fixemos para colaborar con esta
Asociación na mellora de obras necesarias, da conservación e posta en valor do
patrimonio cultural e medio ambiental, etc., xa que polo momento, ademáis de
non contestar, menosprezan o noso traballo.
Ante a falta de actuación dos
grupos políticos actualmente representados na corporación municipal a hora de
exercer o seu dereito de reclamar as modificacións das taxas non significa que
non o vaia a facer esta Asociación agora e sempre que o considere oportuno
aínda que o alcalde de turno se queixe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario