Esta Asociación solicitou ao Concello de Nigrán o arranxo urxente do muro de contención da estrada situado na Rúa da Igrexa 5 (no lugar do Sobreiro), por baixo da antiga escola de Chan de Brito. A tal efecto, achegoulle reportaxe fotográfica do lugar.
Ante o mal estado de conservación do muro que soportaba o firme do vial municipal, rematou cedendo e caeu sobre una viña, ocasionando que a vía sexa máis estreita e insegura.
Agardamos unha pronta resposta por parte da Administración Local ante un serio perigo para a circulación viaria tanto de persoas como de vehículos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario