A Cooperativa A Casa das Redes, promotora do grupo de xóvenes da comarca O Febeiral visitou a Asociación Chandebrito 1807 o sábado día 6 ás 13:30 horas. «A idea desta iniciativa era crear un espazo común para a xente nova», explican. Un dos seus primeiros proxectos foi crear un mapeo colectivo das entidades sociais, culturais e artísticas que hai no Val Miñor e, este sábado, divulgárono cunha ruta en autobús que visitou unha boa parte das iniciativas que descubriron.
Así, membros directivos da Asociación Chandebrito 1807 explicaron as actividades que esta leva a cabo e os obxectivos pretendidos, especialmente a colaboración con entidades privadas e públicas e a protección e posta en valor do patrimonio natural e cultural, tanto material como inmaterial.
O vindeiro domingo dia 21 de decembro, esta Agrupación estará presente na Praza do Concello de Baiona, na Feira Social e Artística do grupo de xente nova do Val Miñor Febeiral do Miñor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario