De conformidade ao acordo do pleno do Concello de Nigrán do 24.11.2006, e en relación ás diversas solicitudes presentadas pola Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807 nese Concello dende hai máis de dez anos (a última, o pasado mes de abril), presentáronse no dia de onte un total de 52 enquisas realizadas á veciñanza da parroquia de Chan de Brito (o que supón máis dun 10 % da poboación) en relación aos desprazamentos fóra da mesma, coa finalidade do seu estudo e de que se realicen as oportunas xestións para a mellora do servizo de transporte público por estrada na zona, especialmente a través da ampliación do percorrido do bus urbano de Vigo dende o lugar de Fragoselo, en Coruxo; ademáis doutras medidas, como a posible utilización dos viaxes dos autobuses escolares.
As 52 enquisas realizáronse durante maio e xuño deste ano entre persoas de tódolos tramos de idade, sexos, entidades de poboación e situación laboral:
- Traballadores: 28, Desempregados: 8, Estudantes: 5, Xubilados: 11
- Menores de 18 anos: 2; de 18 a 25: 5; de 26 a 35: 4; de 36 a 45: 14; de 46 a 55: 9; de 56 a 65: 14; de 66 a 75: 2; maiores de 75 anos: 3; Non contesta: 1.
O 100 % indicou que usaría o transporte público, e o 94 % que o destino habitual é Vigo.
Os desprazamentos con motivo laboral ofrecen estes resultados:
- Hora de ida:
7.00
|
7.30
|
8.00
|
8.30
|
9.00
|
9.30
|
10.00
|
10.30
|
11.00
|
11.30
|
12.00
|
12.30
|
15.30
|
3
|
2
|
10
|
2
|
4
|
2
|
3
|
0
|
0
|
0
|
1
|
0
|
1
|
- Hora de volta:
9.00
|
10.00
|
11.00
|
12.00
|
13.00
|
14.00
|
15.00
|
16.00
|
17.00
|
18.00
|
19.00
|
20.00
|
21.00
|
1
|
0
|
0
|
1
|
2
|
7
|
3
|
1
|
3
|
0
|
4
|
8
|
0
|
Na fotografía amósanse as solicitudes presentadas no Concello sobre este asunto, xunto coas enquisas realizadas por esta Asociación, na principal parada de bus da parroquia de Chan de Brito.





