Esta Asociación lamenta que o grupo municipal do PSOE e o concelleiro do BNG desestimasen as alegacións presentadas por esta entidade veciñal á modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre o incremento de valor de terreos de natureza urbana, imposto coñecido popularmente como plusvalías municipais, que afecta tanto as herdanzas como ás ventas.
31/12/25
O Concello de Nigrán desestima as nosas alegacións á modificación do Imposto de Plusvalías
16/12/25
Presentamos reclamación contra a subida do imposto de "plusvalías"
Esta Asociación, ante a Modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana -antigamente denominado "plusvalías"-, aprobada provisionalmente polo Concello de Nigrán, na sesión ordinaria do pleno celebrada o 28-10-2025, e publicado o anuncio de exposición ao público no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 03-11-2025, de conformidade coa Lei, ven de presentar unha reclamación, solicitando que non se aprobe definitivamente polo pleno do Concello de Nigrán a Modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto tal como están redactados os artigos 14º das bonificacións e 13º da cota tributaria, e sexan substituídos polas seguintes redaccións:
Artigo
13.-
A
cota íntegra deste imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo
do 15 %.
A cota liquida do imposto será o resultado de aplicar sobre a cota íntegra, no seu caso, a bonificación a que se refire o artigo seguinte.
Artigo
14.-
Aplicarase unha bonificación do 95 % aos suxeitos pasivos na cota integra resultante do imposto na transmisión de terreos e na transmisión ou constitución dos dereitos reais de goce limitativos do dominio cando sexan realizados a título lucrativo por causa de morte a favor do cónxuxe, descendentes e ascendentes, por natureza ou adopción. Tamén se aplicará esta bonificación ás herdanzas en vida, de pactos de mellora e apartacións. Aos efectos de acollerse a esta bonificación, equiparase ao cónxuxe a quen convivise co causante con análoga relación de afectividade e o acredite mediante certificado de inscrición no rexistro de unións de parellas de feito expedido para o efecto.
13/12/25
Reclamamos novamente medidas para evitar accidentes de tráfico nas estradas de Chandebrito e das Laxes
Por elo, esta Agrupación veciñal propón as seguintes:
- Vixilancia pola policía local nos horarios indicados, especialmente entre as 16:30 e as 18:00 horas.
- Contrución de pasos elevados na contorna dos núm. 9 e 29 da Rúa das Laxes, e dos núm. 7, 11 e 23 da Rúa de Chandebrito (lugares con alto risco de accidente), coa súa correspondente sinalización vial vertical e horizontal.
7/12/25
Visita da Cooperativa Casa das Redes
5/12/25
Incumprimento do contrato das luces de nadal en Chandebrito
Esta Agrupación
Veciñal quere denunciar públicamente o incumprimento do contrato de
subministración da iluminación do Nadal 2025-2026 na parroquia de Chandebrito.
Según o anexo de
localización de elementos do prego de prescricións técnicas na parroquia de Chandebrito figura
un elemento luminoso 3D de dimensións de 5
metros de altura con forma de estrela no Castro de Chandebrito e tamén un
motivo luminoso na fachada da igrexa parroquial.
Como puido comprobarse por parte desta Asociación, estes dous elementos foron instalados no día de hoxe, venres 5, poucas horas antes do acto de encendido anunciado para as 19 horas. Ademais, a estrela contemplada para o Castro foi cambiada por dúas estrelas planas que aínda estando xuntas miden moito menos de 5 metros de altura, aparte de estar colocadas tan baixas que tan só se observa a figura superior desde o núcleo de poboación da Igrexa.
Tamén
advírtese da realización de cambios na ubicación dos arcos de luces nalgunha
rúa sen estar contemplado no prego e que deixaron resíduos de diversos
elementos da instalación sen recoller na cume do Castro.
Este feito é un
incumprimento claro do contrato porque o artigo 7 do prego de prescricións
técnicas contempla que toda a instalación quede finalizada, lista e comprobada
no último fin de semana de novembro.
O contrato do
alumeado de nadal deste ano foi adxudicado por decreto do alcalde o 20-08-2025
a Isabel Alfonso Vázquez (nome comercial ALVAZ)
por un importe de 80.465 € a proposta da mesa
de contratación.
O feito
que esta empresa incumprise o calendario da instalación e elementos contemplado
do prego de prescrición técnicas tendo en conta o alto importe do contrato fai
dubidar se por parte da mesa de contratación se propuxo escoller a mellor
oferta e máis aínda se hai a posibilidade de renovarlle automaticamente o
contrato para o vindeiro ano.
21/11/25
Obradoiro de doces artesáns de nadal
O vindeiro luns dia 22 de decembro, en horario de 16:30 a 20:00 h. (aprox.), a Asociación Chandebrito 1807 desenvolverá na antiga escola infantil da parroquia (Rúa da Igrexa núm. 2, Chan de Brito) un Obradoiro de doces artesáns de nadal, cunha duración aproximada de tres horas e media.
Para elo, realizaranse varios produtos: mazapáns de améndoa e pataca, 2 turróns (duro e trufa/ chocolate branco, tronco navideño recheio de caramelo salgado e miso (un toque exótico, umami e diferente), e panettone express / roscón de reis 350 gr.
Todo inclúe recetario impreso, envoltorio e caixiña para levar as elaboracións.
Tan só é necesario que as persoas asistentes leven algúns brics ou moldes para os turróns.
(De regalo vai un paquetiño de galletas Linz, típicas destas datas en Austria e Alemania. Inclúe recetario).
Pódense realizar as inscricións enviando un correo-e a chandebrito1807@gmail.com cos nomes e apelidos, enderezo de correo-e, núm. de teléfono de contacto, idade, zona de residencia.
18/11/25
Esta Asociación pide que se remunicipalice a limpeza viaria e de praias Considera que co novo contrato a tarifa do lixo chegará aos 160 €
Esta Asociación, ante
as informacións de irregularidades detectadas no proceso de licitación da
contratación do Servizo de recollida de residuos urbanos, limpeza viaria e de
praias, tanto ao longo da tramitación nos dous últimos anos, que foi paralizado
varias veces polos tribunais, como recentemente, tal como denunciou a mesa de
contratación, por un posible trato de favor por parte dun concelleiro co apoio
do alcalde a unha das empresas concursantes, pide que se deteña inmediatamente
a contratación.
Dada a complexidade do prego de contratación, que pode
levar no futuro a incumprimentos da empresa adxudicataria como se está dando co
actual servizo, esta Asociación considera que o goberno municipal debe
rectificar, paralizando a actual licitación e comezar de cero cun novo prantexamento
que leve a elaboración dun novo prego de contratación máis sinxelo que se estableza
só para o servizo de recollida de residuos urbanos e remunicipalizar os
traballos de limpeza viaria e de praias, limitados estes a uns poucos meses do
ano e que pode facer perfectamente o Concello sen costes tan elevados.
O megacontrato de recollida do lixo licitado de chegar a aprobarse polo pleno municipal debido a un interese sospeitoso do goberno municipal pode ser desastroso para as arcas municipais e será en detrimento de cubrir melloras en servizos necesarios e infraestruturas. Un gasto fixo de mais de tres millóns de euros ao ano por un período de dez anos ademais de ser carga pesada para a elaboración dos orzamentos anuais implicará un incremento na taxa de recollida de lixo motivado pola obriga normativa da Unión Europea de repercutir todos os custes do servizo, neste caso dun mal contrato, na tarifa a pagar, co cal pode pasarse no caso das vivendas de 78 € anuais a uns 160 € como mínimo. Isto, engadido a suba do IBI do 20 % desde o 2024, situaría ao Concello de Nigrán como un dos maiores de carga impositiva.

