6/5/19

Comunicamos unha agresión contra o muíño das Chans

Logo de recibir aviso da veciñanza ao respecto,  no dia de hoxe comunicamos ás autoridades policiais un acto de valandismo protagonizado o pasado fin de semana (3-4 de xuño de 2019) no muiño de auga das Chans dos Cruceiros, no camiño da Lapela, do Barrio da Igrexa, na parroquia de Chan de Brito.

image.pngConcretamente, o referido inmoble sufriu pintadas de cor negro no lateral Oeste, ao igual que un cartel de obra que se arrancou na contorna deste muíño.

Trátase dun ben cultural catalogado como tal, polo que é obxecto especial de protección patrimonial.

Por elo, solicitamos que se abra unha investigación co fin de determinar o/s responsable/s desta actuación e se adopten medidas contra os mesmos, así como a reparación dos danos causados.

Desde esta agrupación non imos tolerar agresións ao patrimonio natural e cultural da parroquia, polo que vémonos na obriga de poñer os feitos en coñecemento das autoridades pertinentes, ofrecendo aos mesmos toda a colaboración posible para que se subsanen os danos, concienciar á poboación na defensa do noso patrimonio, e que no futuro non se repitan feitos tan lamentables como este.

3/5/19

Obradoiro de elaboración artesán de queixos

O vindeiro sábado dia 11 de maio, en horario de 11:30 a 13:30 (aprox.) celebrarase na escola infantil de Chan de Brito un Obradoiro de elaboración artesán de queixos ecolóxicos, promovido por esta Asociación.


A actividade, guiada por Marce Villaverde, consistirá en degustación de producto fresco, semicurado e curado, realizar queixo con leite de cabra, que se pasteurizará, tendo xa alí outra co fermento láctico e o coallo para colocar en trapos a desuerar.

O custo da actividade establécese en 15 euros por persoa.

O número mínimo de participantes será de 8 e o máximo de 15, inscritos por rigoroso orde de solicitude (antes do venres 10 ás 15:00 horas, enviando un correo-e ao enderezo chandebrito1807@gmail.com ), na que indicarán nome e apelidos, núm. de teléfono e correo electrónico de contacto, idade e lugar de residencia.

24/3/19

Arranxo do Camiño da Lapela e outros viais

Despois das solicitudes e xestións realizadas pola Asociación “Chandebrito 1807”, nos vindeiros meses vaise proceder a asfaltar a pista da Lapela, concretamente o tramo que vai desde o regato e presa da Lapela ata o acceso directo á canteira, cun investimento total de 27.945 euros.
Este vial atopábase moi deteriorado con motivo da circulación de vehículos pesados e das inclemencias meteorolóxicas, polo que esta Agrupación levaba anos solicitando a súa reparación de xeito completo.
Por outra banda, recentemente realizáronse melloras na Estrada de Chandebrito coa pavimentación dunha parte do seu tramo urbano (lugar do “Pontillón”), e tamén se arranxará un tramo desta vía na zona do “Estripeiral” – “Troqueira”, cun investimento de 7.293 €; obras tamén solicitadas en diversas ocasións por esta Asociación.
Ademáis, a Consellería de Medio Rural está arranxando pistas forestais e cunetas no monte "Regamán" (preto dos montes de Vincios e Valadares) que se atopan en mal estado, logo de pedilo tamén esta Agrupación por escrito.

14/3/19

Proxección película sobre o Val Miñor no ano 1928

No dia de hoxe cumprense 90 anos da estrea en Montevideo dunha pelicula rodada no Val Miñor durante o veran de 1928 por emigrantes desta comarca.

No video podense apreciar as costumes da poboacion de varias parroquias do Val, as suas festas e procesions, o alumnado nas escolas, paisaxes..., constituindo un documento unico do lugar de gran interese cultural.

Para conmemorar o aniversario, a Asociacion Chandebrito 1807, proxectará o referido video o luns dia 18 de marzo a partires das 19:30 h. na escola infantil de Chan de Brito, convidando a asistir a todos a esta actividade gratuita.

Na fotografia apréciase unha das secuencias da pelicula.


22/2/19

Demostración gratuíta de cestería tradicional

A Asociación Chandebrito 1807, coa colaboración da Fundación Liste do Concello de Vigo, promove unha demostración de cestería tradicional gratuíta para o luns dia 11 de marzo, en horario de 19:00 a 20:30 horas.

As persoas interesadas en asistir, deberán previamente indicar o seu nome e apelidos, lugar de residencia, núm. de teléfono, e enderezo de correo electrónico enviando un e-mail  con estes datos a chandebrito1807@gmail.com .

Publicación do libro "O que contaron de nós, Chan de Brito no século XX"

En datas recentes publicouse o libro "O que contaron de nós, Chan de Brito na prensa do século XX", escrita o ano pasado por Carlos Gómes e promovida por esta Agrupación.

O caderno, de 32 páxinas, contén unha selección das noticias de maior interese daquelas que integraron a exposición realizada durante varios meses na antiga escola de Chan de Brito, local social desta Asociación dende xullo de 2015. Cada un destes artigos de prensa leva ao seu carón un resume, e algúns deles van comentados polo propio autor.

Naquela ocasión, logo dun importante traballo de búsqueda en nove xornais galegos, escolléronse pouco máis de 70 noticias publicadas en nove xornais galegos durante un século (de 1898 a 1999), época na que o uso da internet no país era inexistente.

Esta iniciativa tivo como obxectivo devolver á veciñanza a memoria histórica da parroquia. Foron ducias de chandebriteños os que visitaron a mostra de noticias, moitas delas descoñecidas pola gran maioría.

Unha das primeiras publicacións sobre o lugar, o 26.05.1891, é o anuncio no Boletín Eclesiástico do Bispado de Tui sobre a subasta de obras de reparación e ampliación da igrexa (cun orzamento base de 3.750 ptas.),

Algunhas relataban sucesos tráxicos, como aquel dia do ano 1903 no que se produciu un tiroteo nas Tomadas contra dous veciños, ou aqueles nos que as festas da parroquia víronse alteradas polas brutais agresións entre algúns dos asistentes. Outras deron a coñecer cuestións moito máis felices, como a creación no 1923 da primeira escola pública, ou do sindicato de agricultores no 1936 –que non durou máis que uns poucos meses, ao estalar a guerra civil-, o da chegada da luz eléctrica no 1953, ou a celebración dunha multitudinaria competición do xogo da chave no 1962. Tamén se seleccionaron recortes de sucesos curiosos, como o premio de 15.000 ptas. concedido no 1959 a unha parella (primeiros veciños dos que saiu foto na prensa) por concebir a 16 fillos. Outro grande bloque de noticias ten que ver coa difusión do interesante patrimonio cultural da zona, que comezou a finais dos anos 1970 e principios dos 80. Pero sen dúbida un dos apartados de maior orgullo para a veciñanza é o do importante traballo desta desenvolto para poder contar con servizos precisos para a colectividade: a rehabilitación da escola, as traídas de auga, os accesos viarios á parroquia…

Aviso dun verquido de residuos na Lapela

Membros da Asociacion Veciñal Chandebrito 1807 deron conta á policia local de Nigran o pasado 8 de febreiro dun verquido de residuos de automóbiles localizado no monte da Lapela desta parroquia, á beira da pista que conduce ao Monte Alba.

Os axentes persoaronse no lugar pouco despois para realizar o informe correspondente.

Este deposito de lixo,  produciuse moi probablemente poucas horas antes, afectando a un regato. Uns dias despois retirouse do lugar.

Desde esta Agrupacion lamentamos q se sigan realizando este tipo de actos q provocan un serio impacto visual e medio ambiental, e fai un chamamento ao uso dos puntos limpos habilitados para elo, como o existente no Porto Molle, en Nigran.