Con
motivo do 63º aniversario do falecemento do político, escritor e
debuxante Afonso D. Rodríguez Castelao, acontecido o
dia 7 de xaneiro, inaugurouse ese mesmo dia unha exposición de cadros
realizados por el no baixo da escola de preescolar de Chan de Brito, que
permanecerá aberta ata o mes de marzo e que se poderá visitar os luns
de 17.00 a 19.00 horas, os mércores de 19.30 a 21.30, ou ben chamando ao
núm. de teléfono 667 380 223.
Trátase
de 17 debuxos da colección "Cousas", (de finais dos anos 1920) e de 49
cadros pertencentes ao álbum "Nós" (editado no ano 1931), que pretende
ser un canto ás angurias da dura vida dos labregos e mariñeiros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario