A
Asociación Veciñal e Cultural "Chan de Brito 1807", instou por escrito o pasado dia 27 de decembro ao goberno municipal de Nigrán a que estude e presente ao
pleno unha proposta para que se adopten diversas medidas frente a
problemática creada pola comercialización de participacións preferentes e
obrigas subordinadas do sector bancario, especialmente realizadas por
Novagalicia Banco. Para elo, este colectivo remitiulle un proxecto de
proposta con varios acordos de interese a adoptar.
Á
vista das novas publicadas nos medios de comunicación ao respecto das
propostas da Unión Europea con respecto ás quitas en relación á
comercialización de determinados produtos bancarios, tales como as
participacións preferentes e as obrigas subordinadas, e á vista dos
graves sucesos que están acontecendo tanto en Nigrán como noutras
localidades do entorno, donde, ademáis de tomar outras medidas, algunhas
persoas péchanse en caixeiros para defender o seu diñeiro e os seus
intereses.
Propónse a adopción dos seguintes acordos:
-
Apoiar a todos os veciños e veciñas de Nigrán que teñen participacións preferentes e obrigas subordinadas e a todos aqueles que posúen diñeiro nos bancos e non poden dispoñer del.
-
Instar ao Banco de España e ás entidades financeiras para que busquen unha solución a este grave problema e aqueles suscriptores que o desexen poidan recuperar o 100 % dos seus cartos.
-
Instar á Xunta de Galicia e ao Goberno de España a buscar unha solución que poida ser que a arbitraxe se faga para todos aqueles afectados por estes produtos bancarios e dito arbitraxe se realice con seriedade e coa maior rapidez posible e tamén instar á Xunta de Galicia para que o Instituto Galego de Consumo acelere os trámites de devolución do total dos aforros dos galegos e galegas que depositaron tanto nas participacións preferentes como en obrigacións subordinadas.
-
Solicitar unha xuntanza co Conselleiro de Economía e cos responsables da banca para tratar este asunto e pedirlles que se arranxen nos termos indicados nesta proposta.
-
Dirixirse á Federación Galega de Municipios e Provincias, instando a opción de acordos encamiñados a convidar a todos os concellos galegos á retirada de fondos de Novagalicia Banco ou de calquera outro banco que nun prazo prudencial non devolva o 100 % destes depósitos.
-
Remitirlle esta proposta tanto aos responsables da banca como aos da Xunta de Galicia, especialmente ao Sr. Presidente desta.
-
Crear unha Comisión de traballo con membros da Corporación para facer un seguimento e apoio a esta problemática, composta por:- O alcalde ou concelleiro do grupo popular- Un concelleiro do grupo socialista- Un concelleiro do grupo mixto (UCN-CDL / BNG)
No hay comentarios:
Publicar un comentario