Proximamente, levaranse a cabo tarefas de limpeza, delimitación e rexistro gráfico do petroglifo da Chan das Tomadas, redescuberto por esta Agrupación, e do que xa existían referencias polo investigador Xulio Fernández Pintos e dos membros do Clube Espeleolóxico Maúxo.
O proxecto promovido pola Asociación Chandebrito 1807, redactouse por Data gestión cultural, e na súa execución colabora o citado Clube, coa dirección do arqueólogo Eduardo Méndez.
Representante da Asociación promotora, propietarios dos terreos e o director do proxecto, xunto ao petroglifo |
Tanto este como outros petroglifos e demáis bens culturais de Chan de Brito que se atopan sen inventariar, serán obxecto de estudo e de protección legal grazas á insistencia desta Asociación, que leva dez anos solicitando por escrito á Xunta de Galicia e ao Concello de Nigrán a súa catalogación e a adopción de medidas axeitadas para conservalos e poñelos en valor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario