7/11/24

OBRADOIRO DE CESTERÍA PRÁCTICA TRADICIONAL

A Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807", ante o alto grao de éxito obtido nos cursos prácticos de cestería tradicional celebrados entre os anos 2008 e 2019, nos que participaron ducias de persoas de todo o Val Miñor e área de Vigo; convoca un novo obradoiro de cestería tradicional con vimbio, impartido na escola infantil de Chan de Brito polo mestre Suso de Tui desde o sábado 23 de novembro ata o 8 de febreiro, durante doce sábados consecutivos en horario de 16:30 a 19:00 h (30 horas).


Tódalas persoas interesadas en participar neste actividade poden informarse no teléfono 667380223 e inscribirse ata o 20 de novembro indicando nome e apelidos no enderezo de correo-e: chandebrito1807@gmail.com 

Farase un único grupo de entre 6 e 10 persoas por riguroso orde de inscrición. Ao igual que nos cursos anteriores, ao remate desta actividade entregaráselle aos participantes o correspondente diploma acreditativo.

Gracias á importante labor dos mestres cesteiros xa falecidos Manuel Gómes Costas e Rubén Berto Covelo, ao que temos que agradecerlle o seu interese por ensinar a todos aqueles interesados que descoñecen unha forma de artesanía, vida e cultura que o home elaborou dende os albores da humanidade, pois a cestería incluso é anterior a cerámica, arte que con moi poucas modificacións durante milenios, demostra que a idea primixenia e a súa realización foron perfectas dende un principio, cousa que raras veces se consigue.

Non cabe dúbida, por tanto que os cesteiros, ó igual que outros oficios practicados en Galicia por desgracia esmorecen a causa dos avances das novas técnicas e do tan gabado progreso, asistindo á transformación das artes, oficios, tradicións e calquera tipo de manifestación da nosa cultura, polo que con este tipo de cursos tratamos de manter viva a tradición e cultura levada a cabo durante milleiros de anos polos nosos antepasados, non podendo permitir que se perda.

No hay comentarios: