O pasado martes dia 3 de novembro en horario de mañá recibimos a visita de varios usuarios da Asociación de Saúde Mental "Avelaíña" de Baiona, acompañados dunha educadora social.
Este encontro serviu para que as nove persoas asistentes coñezan de primeira man o patrimonio medioambiental e cultural da parroquia de Chandebrito, primeiro cunha charla que se impartiu no local social desta Asociación e máis tarde unha visita á contorna do castro, dos cruceiros e dos muíños de auga do barrio da Igrexa.
A xornada centrouse na explicación de qué é e como se atopa o monte veciñal en man común, as actividades que promovemos, e a transmision da literatura oral tradicional e demáis patrimonio inmaterial da zona, así como a posta en valor do citado patrimonio cultural material (petróglifos, antigos camiños, castro, cruceiros, muíños, etc.).

No hay comentarios:
Publicar un comentario