A
Asociación "Chandebrito 1807" presentará alegacións para que a Xunta
denegue a proposta de reestruturación da concesión do servizo de
transporte público por estrada en Chan de Brito, presentada pola empresa
ATSA, pola que se deixaría a esta parroquia sen servizo algún
(na actualidade existe un servizo a Vigo ás 7.00 e outro a Nigrán ás
8.00 horas da mañá).
Dende esta Asociación entendemos que o transporte público é un servizo público necesario para a mobilidade da poboación. Calquera redución vai a supoñer unha perda de dereitos da cidadanía nos seus dereitos á accesibilidade a outros servizos como poden ser a educación, a sanidade, a cultura, etc. Polo tanto é necesario manter dito servizo público con calidade.
A empresa ATSA aceptou en marzo
de 2010 (fai tan so 3 anos) a prorroga da totalidade da concesión
de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros
por estrada V-7008; XG-382, A
Guarda-Vigo-A Guarda, con anexos, até o 25 de setembro de 2020. A pretensión de
cambiara agora ditas condicións poden vulnerar os principios da competencia, xa
que o feito de aceptar a prorroga da concesión impediu que outra empresa tivera
a posibilidade de prestar todos os servizos incluidos na concesión.
Por outra banda, cabe recordar que esta Asociación leva dende o ano 2007 entrevistándose cos responsables da Consellería de Transportes en Pontevedra, delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, os distintos Alcaldes de Nigrán, etc. presentándolles por escrito propostas para a mellora do transporte público por estrada, sen que non se adoptase ningúnha medida, tendo en conta ademáis que o propio Concello aprobou unha moción no ano 2006 para realizar as xestións oportunas no asunto.
Ademáis, esta Asociación está recollendo sinaturas contra a reestruturación que suporá a desaparición do único servizo de transporte público en Chan de Brito mediante bus.
O Portavoz da Asociación "Chandebrito 1807", Carlos Gómez, entrevistándose co Alcalde Efrén Juanes a finais do ano 2008 para que se fagan as xestións oportunas co fin de mellorar o servizo de transporte na parroquia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario