Posta en funcionamento da rede xeral de sumidoiros nas Tomadas e nas Rozadas
Despois das reclamacións da Asociación
"Chandebrito 1807" a Aqualia e ao Concello, este anuncia a posta en
marcha da rede xeral de sumidoiros en Chandebrito, concretamente as
estacións de bombeo de augas residuais localizadas nas Tomadas e nas
Rozadas. Esta actuación, valorada en 5.500 euros, resolverá unha
situación do mandato anterior, xa que estaba inoperativa unha actuación
de máis de 600.000 euros, e os veciños/as non podían ter este servizo a
pesar de solicita-la conexión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario