Cursos e actividades promovidas pola Asociación neste ano
A Asociación "Chandebrito 1807", promove,
entre outras, as seguintes actividades no seu local social (antiga
escola), situada na Rúa da Igrexa, núm. 4 - Chan de Brito (Nigrán)
- Xoves a determinar, de 17.00 a 18.00 horas: gravación da TVG sobre o oficio da cestería tradicional.
- A partires da primeira semana de abril: exposición de fotografías de viaxes polo mundo "Una volta polo mundo" (nos mesmos horarios que os da exposición de debuxos de Castelao).
- Tódolos luns, de 18.30 a 21.30 h., ata o 17 de abril: ampliación do curso práctico de iniciación á cesteria tradicional.
- Tódolos luns, de 18.30 a 21.30 h., dende o 22 de abril ata o 17 de xuño: curso práctico avanzado de cesteria tradicional.
- Sábado 11 de maio (10-14 e 16-20 h. ) e domingo 12 de maio (de 10 a
14 h.): curso / obradoiro de "elaboración de pan ecolóxico". (O sábado
teoría e práctica do pan de levadura nai e o domingo o pan de landra.
Máximo de 15 persoas os dous dias.)
- Tódolos luns, de 18.30 a 21.30 h., dende o 1 de xullo ata o 29 de xullo: curso de "manexo do estrés e taller de risoterapia".
- Tódolos venres, de 17.30 a 18.30: curso de bailes latinos.
- Ademáis, pretendemos realizar unha xornada de recuperación e divulgación de xogos populares tradicionais da zona.
No hay comentarios:
Publicar un comentario