Ao non ter resposta ás peticións que lles remitimos os dias 15 e 24 de marzo e 4, 14 e 29 de abril, 13 de maio e 9 de xuño de 2012, e de conformidade á visita realizada hai uns meses á parroquia de Chandebrito co concelleiro de Vías e Obras; envióuselle novamente as solicitudes presentadas no Rexistro xeral do Concello de Nigrán a mediados do ano 2011 dirixidas ao citado concelleiro e que polo momento están sen contestar, nas que se pide a execución de diversas obras de pequena envergadura pero bastante necesarias en Chandebrito, coa finalidade de que sexan atendidas á maior brevidade posible:
-
Trasladar ao lugar máis axeitado o poste sito entre
as vivendas nº. 27 da Rúa das Laxes e a nº. 1 da Rúa do Torreiro (na
intersección destas dúas vías municipais), xa que quedou dentro desta última
vía pública con motivo da obra de ensanche da mesma por parte do Concello no
2003 e constitúe un importante obstáculo e supón un grave perigo tanto para os
vehículos como para os peóns que circulan pola zona (solicitouse a Fenosa dende
novembro de 2009, enviando presuposto por importe total de 2.765,73 € (prezo
válido ata o 31/05/2011). Este asunto solicitouse no Concello en abril de 2011.
-
Fixación de
tapas de arquetas da rede de
sumidoiros que se moven (causando ruidos constantemente e risco de desperfectos
nos vehículos), na R/ Laxes, entre os nº 10 e 14 e R/ Igrexa, do
nº 24 (Cruce do Cño. Pereiras) ata cruce da R/ Chandebrito.
-
Reparación ou
substitución de reixas de arquetas de
augas pluviais rotas e/ou soltas perigosas, na R/ Laxes entre os núm. 17 – 19 e
21.
-
Reposición de
asfalto na Subida a Mirador Castro – pista
de Lapela ao Monte Alba á altura da presa de Lapela e canteira; completar a
sección en curvas (presa de Lapela; preto da entrada á canteira; preto do
límite con Valadares; etc.)
-
Mellora do
camiño das Regueiras á Lapela por Socrasto (capa de xabre pisado).
-
Mellora do
acceso do Camiño de Cordiñas
(rebaixar entrada), situado entre o cruce da R/ Chandebrito coa Rúa Igrexa e o
núm. 1 desta vía.
-
Ensanche da
curva ou colocación de espello na R/ Laxes no cruce de acceso ao Colexio
Estudio (perigo por falta de
visibilidade no acceso). Acondicionar Camiño campo de fútbol – Colexio
(convenio con este).
-
Requerir á
Deputación a execución do proxecto da
obra de ensanche da Rúa de Pracíns (E.P. 2102 Vincios – Nigrán), ou
cando menos, as curvas á altura dos nº. 1, 3, 6, 21, no límite con
Vincios e no Osqueiro (entre Camos e cruce Chandebrito -valla), buscando a
cesión dos propietarios. (xa solicitado en numerosas ocasións).
-
Instalación de
sinalización de tráfico: Reposición
de sinal vertical “Stop” no acceso á Rúa de Chandebrito dende a Rúa das Laxes.
-
Crear pasos
elevados na R/ Laxes (limitada a 30
Kms./h.) e na R/ Chandebrito, pola excesiva velocidade dos numerosos
coches e buses que se dirixen ao Colexio Estudio.
-
Limpeza de
marquesiña no cruce da R/ Laxes coa R/ Chandebrito (parte posterior).
-
Mellora de 4
fontes de auga de uso público e
adecuación do seu entorno (fontes do Cocho de Abaixo; Fonte Nova; Rapadouro
e Penís (de Juan).
-
Estudar
ampliación da rede xeral de sumidoiros
na Rúa Laxes (dende a vivenda núm. 27 á 32) e nas Pereiras,
(dende a R/ de Chandebrito núm. 15 ata as nº 29 – 31).
-
Mellora das
instalacións deportivas: colocación
de postes e rede na parte norte do campo de fútbol (tirados polo vento),
substitución de reixas frente aos vestiarios (causan perigo), dotación de
cuberta metálica en vestiarios (arrancada polo vento), reparación de porterías
de futbito e substitución de alambrada do peche na pista polideportiva de cemento
(colocada hai uns 10 anos e moi deteriorada).
Se seguimos sen ter respostas positivas a estes asuntos durante este mes, pediremos publicamente de novo a dimisión do mencionado concelleiro, ademáis de adoptar outro tipo de medidas de presión, posto que non é de recibo estar durante dous anos solicitando reiteradas veces estas cuestións sen recibir resposta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario