Este
fin de semana pasado, a Asociación "Chandebrito 1807" inaugurou unha
exposición de fotografías tomadas por dous veciños da parroquia de Chan
de Brito, que permanecerá aberta durante dous meses no baixo da escola
de preescolar de Chan de Brito, e que se poderá visitar os luns de 17.00
a 19.00 horas, os mércores de 19.30 a 21.30, ou ben chamando ao núm. de
teléfono 667 380 223.
Trátase
dunha seleción de 240 fotografías de entre máis de tres milleiros
realizadas por Antón Amorín, nas visitas a 13 países entre os anos 2002 e
o 2013: Cuba, Exipto, China, Rusia, Siria, India, Italia, Etiopía,
República Checa, Togo, Benin, Marrocos e Turquía. Baixo o título de
"Unha volta polo mundo", nas imaxes pódense contemplar as paisaxes, os
monumentos e a vida cotiá das persoas que habitan diversos pobos deses
países.
No hay comentarios:
Publicar un comentario