EXECUCIÓN DA OBRA DE RESTAURACIÓN DO MUÍÑO DOS MATOS
Esta semana pasada, a Asociación
"Chandebrito 1807", tras rematar nestes dias as labores de limpeza
interior e do entorno, comezou a executar as obras de rehabilitación do Muíño
dos Matos, en Chan de Brito, coa colaboración da Deputación de Pontevedra.
As obras consisten na reconstrución de muros e tellado, colocación de
porta, fiestra e reixa no cubo (de xeito que quede o máis parecido
posible ao seu estado orixinal). Ademáis, exporanse permanentemente no
seu interior, pezas antigas do muíño, paneis interpretativos dos
mecanismos e funcionamento do mesmo, etc. Como novidade, dicir que
realizaremos unha bioconstrución, co uso de materiais naturais e
característicos da zona, (carencia absoluta de fibrocemento, PVC,
cemento, etc. e utilización de madeira tratada con aceite de liñaza,
piso de pedra e terra, morteiro de cal nas xuntas das pedras pola parte
interior, e no exterior irá ao natural). Agardamos finalizar esta
actuación durante esta semana, e realizar a segunda
fase de instalación de mecanismos para a posta en funcionamento do muíño
a mediados do ano que ven.
Por outra banda, en breve, imos realizar
con voluntariado os traballos de roza e acondicionamento do sendeiro de
pés pola zona, de cara a que este verán se poida visitar este lugar de
gran encanto e interese natural e etnográfico, conservado intacto e que
desexamos con estas actuacións de posta en valor unha sensibilización
para que así continúe.
Tamén pretendemos dende hai anos que a Xunta ou o Concello de Nigrán procedan a catalogar este ben cultural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario