EXPOSICIÓN E DEMOSTRACIÓN DE CESTERÍA TRADICIONAL
O domingo dia 9 de xuño durante toda a mañá no
entorno do noso local social, a escola infantil de Chan de Brito, e co
gallo das festas do Cristo, contaremos cunha exposición e demostración
de cestería tradicional artesán, impartida polo mestre cesteiro Rubén
Berto Covelo. Esta actividade, que organizamos dende a Asociación
"Chandebrito 1807", conta coa colaboración da Concellería de Patrimonio
Cultural de Nigrán.
Por
outra banda, poderase visitar na escola infantil as exposicións de
fotografías "Unha volta polo mundo" (relativa aos viaxes de dous veciños
da parroquia por varios países do mundo) e outra dalgunhas das
actividades e actuacións máis significativas deste colectivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario