ARRANXO DA ESTRADA DE CHANDEBRITO A VALADARES
Nestes dias, o Concello de Nigrán está arranxando a estrada da Lapela. No mes de maio xa se remitiran ao Concello solicitudes promovidas pola
Asociación "Chandebrito 1807", asinadas por case cen
veciños e veciñas, pedindo a urxente reparación desta estrada que une a
parroquia de Chandebrito (Rúa da Igrexa) coa de Valadares (Estrada do
Zondal).
O vial estaba en moi mal estado, provocando que os
vehículos que circulan en sentido descendente hacia Chandebrito teñan
que facelo pola marxe esquerda para evitar os socavóns existentes,
causando un gran perigo de colisión ou atropelos de peóns (algo que xa
estivo a punto de pasar en varias ocasións).
Esta cuestión xa
foi denunciada mediante numerosos escritos dirixidos ao concello por
parte da Asociación "Chandebrito 1807", que pediu ao concelleiro de Vías
e Obras que tomase as medidas oportunas, sen que polo momento se fixese
nada ao respecto.
Ademáis, tamén se pediu a ampliación da
sección desta vía nalgunhas curvas así como o asfaltado frente a vivenda
núm. 6 da Rúa da Igrexa, xa que supón un serio perigo para os usuarios.
Agardamos que o goberno desta administración municipal sexa sensible
tamén coas outras peticións que realizamos, todas elas xustas, para a
mellora dos viais da súa competencia e doutros equipamentos de uso
público (instalacións deportivas, fontes de auga, extensión da rede
xeral de sumidoiros a tódalas vivendas da parroquia, etc.)
No hay comentarios:
Publicar un comentario