Esta Asociación critica que o grupo de goberno do Concello de Nigrán, na comisión informativa celebrada o pasado 30 de marzo dictaminou desfavorablemente a alegación desta Asociación presentada para que se recollese unha partida no orzamento xeral para o exercicio 2026 para investir na antiga escola de Chandebrito, de titularidade municipal, que se usa por parte de dúas asociacións sen ánimo de lucro para actividades abertas ao público e tamén como local electoral, e que se atopa en mal estado de conservación tanto no interior como no seu exterior ao non ser obxecto de intervencións desde hai uns 20 anos.
Esta Asociación presentou diversas solicitudes por rexistro cando menos desde o ano 2015 para que se adoptaran medidas dirixidas a frear o deterioro deste inmoble, solucionar as eivas sinaladas, garantindo a seguridade, salubridade e accesibilidade, e así tratar de evitar os riscos para a poboación.
Este asunto de desestimación de reclamacións ao presuposto xeral levarase á sesión plenaria do vindeiro luns dia 6 de abril, e previsiblemente contará co voto a favor do alcalde e grupo do PSOE, que polo exposto, non parece ter interese en arranxar un ben municipal que causa mal aspecto e risco de danos ás persoas usuarias. O máis curioso é que o propio alcalde nos dixese hai pouco que estaban mirando de darlle cabida no presuposto, e que despois neste documento non se contemple nada para elo, o que demostra unha vez máis a falta de palabra e contradicións do mandatario.
Asi mesmo, esta Asociación critica que o Sr. Alcalde tilde á mesma de inoportuna e de tratar de poñer trabas á aprobación do orzamento presentando a citada reclamación a última hora, cousa que tampouco é certa. Este debería saber a estas alturas do seu vagaxe político que calquera asociación e veciño do municipio teñen dereito por lei a presentar reclamacións ao orzamento dentro do prazo de 15 días desde a publicación do acordo de aprobación inicial, cousa que fixo esta Asociación, e máis, entendendo que a administración local debería defender, conservar e arranxar os bens da súa titularidade con uso, como neste caso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario