A Asociación Chandebrito 1807 realizou nas últimas semanas diversas xestións para a reparación e/ou mellora de viais públicos da parroquia:
- Xestionamos con persoal do Concello de Nigrán a reposición de diversos espellos estragados na Estrada de Chandebrito e na Rúa das Laxes, o que quedou realizado hai semanas.- Tamén se lles pediu o arranxo das tuberías de augas pluviais situadas entre a vivenda núm. 31 da Rúa das Tomadas e o lugar da Devesa, no barrio das Tomadas, xa que a auga circula por enriba da pista de terra facéndoa intransitable.
- Solicitamos á Parroquia Eclesiástica que procedan a reparar o muro de contención de terras da finca de súa propiedade situada por baixo da igrexa parroquial, así como a retirada dunhas pedras de grandes dimensións caídas do citado muro hacia o camiño de Cordiñas, xa que impide o paso por este vial público e causa perigo para as persoas por novos desprendementos. Recibimos compromiso de arranxo nos próximos dias.
- Ademáis, nestes dias, estamos realizando a roza e limpeza de camiños de uso público que se atopaban con maleza en distintos lugares.
- Por outra banda, agardamos resposta do Concello de Nigrán ás diversas solicitudes que presentamos por rexistro, relativas á mellora da antiga escola infantil, roza e limpeza de camiños de titularidade municipal sobre os que nunca se actuou; arranxo da calzada da rúa da Barreira, da Rúa da Igrexa na contorna da igrexa parroquial, do camiño das Pereiras, e da Rúa das Tomadas entre os núm. 15 e 19, donde existen tuberías esnaquizadas á vista, entre outros viais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario