Esta Asociación, ante as afirmacións do goberno municipal de Nigrán de que vai aprobar provisionalmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) o próximo 1 de xullo, con esta decisión de aprobar un documento tan importante para o desenvolvemento urbanístico do municipio nun escaso periodo de tempo, considera que non se corresponde cun equipo de goberno que practique a transparencia e a participación das entidades veciñais antes de levalo ao pleno municipal. De feito, este alcalde utilizou o Consello Sectorial só para anunciar o que xa tiña decidido aprobar, pero non para a participación cidadá na elaboración de propostas como correspondería a un órgano deste tipo.
Esta Asociación veciñal esixe unha maior transparencia e participación cidadá e pide que a posible aprobación se leve a pleno despois do verán e se poña o documento canto antes na páxina web do Concello e non esperar a facelo pouco antes do pleno, ademáis de entregar de inmediato unha copia física do documento as asociacións veciñais para a súa valoración.
Na opinión desta Asociación,
necesítase como mínimo tres meses para analizar debidamente o resultado final
deste plan urbanístico, mais aínda si se ten en consideración que o documento
da aprobación inicial é totalmente diferente ao que se pretende aprobar agora e
haberá que comprobar que o equipo redactor e os técnicos municipais
incorporaron todas as correcións tanto das alegacións ao documento de
aprobación inicial como ao borrador do documento exposto polas parroquias no
ano 2023 e no que se observaron numerosos erros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario