Esta Asociación presentou no Rexistro do Concello de Nigrán un escrito de Reclamación á
Modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola expedición de
documentos administrativos, aprobada provisionalmente polo pleno municipal o
29.07.2025.
Na modificación desta
ordenanza fiscal inclúese de forma inadecuada unha tarifa de 23 € pola entrega
de cada placa de Vado permanente como si de un documento máis calquera se
tratase.
Pretende o alcalde
para aprobar esta modificación argumentar que se trata de restablecer unha taxa
que xa existía na Ordenanza fiscal reguladora da taxa por entrada de vehículos
a través de beirarrúas, ordenanza derrogada desde o ano 2018. Argumentación
falsa porque nela contemplábase que as placas de vado permanente, cando se
solicitaban por primeira vez, e nos casos de entradas a través de beirarrúas,
se entregaban de forma gratuíta, mentres que na proposta de modificación en
todos os casos será abonando 23 €.
Carece de sentido
incluír a entrega das placas de vado permanente na ordenanza de expedición de
documentos administrativos sen aportar unhas normas de xestión que regulen a
concesión das licenzas de vados permanentes que debería facerse cunha ordenanza
específica que regulase ditas licenzas.
Despois de oito anos
seguidos sen cobrar pola entrega das placas de vado permanente pretender facelo
agora e de forma incorrecta queda claro que só é cunha finalidade recaudatoria
nun concello que desde o ano 2024 está aplicando unha suba do 20% no recibo do
Imposto de Bens Inmobles (IBI).
