12/7/18

Presentamos o proxecto de posta en valor da Fraga e muíño de Rodas


No dia de onte, esta Agrupación presentou no Concello de Nigrán o proxecto -redactado hai uns meses por un técnico superior en educación ambiental- sobre a posta en valor da fraga e muíño de Rodas, en Chan de Brito, xunto coa solicitude de colaboración para executar esta interesante actuación.

Próximamente a dirección do colectivo prevé reunirse con responsables do goberno municipal para concretar detalles sobre este asunto. Agardamos obter o apoio e axuda da administración local, xa que sen ela, non sería posible poder desenvolver o citado proxecto, debido á carencia de recursos por parte desta Agrupación sen ánimo de lucro. Por outra banda, cabe salientar que este asunto forma parte do programa electoral deste goberno para o mandato 2015-2019.


Con esta actuación, esta Asociación, que leva máis de dez anos traballando na divulgación, conservación e valorización do patrimonio, pretende poñer en valor unha das zonas de maior beleza e interese etnográfico e medioambiental da parroquia, ao igual que xa fixo hai uns anos co lugar dos Matos e das Loureiras, donde recuperou dous dos muíños de auga máis antigos do municipio, xa que, ao igual que o muíño de Rodas de Arriba, foron construidos a principios do século XVIII.


Nas fotografías pódese apreciar o proxecto e solicitude presentada, xunto á fraga e o muíño de arriba de Rodas.



Presentamos o resultado das enquisas sobre o transporte


De conformidade ao acordo do pleno do Concello de Nigrán do 24.11.2006, e en relación ás diversas solicitudes presentadas pola Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807 nese Concello dende hai máis de dez anos (a última, o pasado mes de abril), presentáronse no dia de onte un total de 52 enquisas realizadas á veciñanza da parroquia de Chan de Brito (o que supón máis dun 10 % da poboación) en relación aos desprazamentos fóra da mesma, coa finalidade do seu estudo e de que se realicen as oportunas xestións para a mellora do servizo de transporte público por estrada na zona, especialmente a través da ampliación do percorrido do bus urbano de Vigo dende o lugar de Fragoselo, en Coruxo; ademáis doutras medidas, como a posible utilización dos viaxes dos autobuses escolares.

As 52 enquisas realizáronse durante maio e xuño deste ano entre persoas de tódolos tramos de idade, sexos, entidades de poboación e situación laboral:
- Traballadores: 28, Desempregados: 8, Estudantes: 5, Xubilados: 11
- Menores de 18 anos: 2; de 18 a 25: 5; de 26 a 35: 4; de 36 a 45: 14; de 46 a 55: 9; de 56 a 65: 14; de 66 a 75: 2; maiores de 75 anos: 3; Non contesta: 1.
O 100 % indicou que usaría o transporte público, e o 94 % que o destino habitual é Vigo.
Os desprazamentos con motivo laboral ofrecen estes resultados:
-  Hora de ida:
7.00
7.30
8.00
8.30
9.00
9.30
10.00
10.30
11.00
11.30
12.00
12.30
15.30
3
2
10
2
4
2
3
0
0
0
1
0
1
-  Hora de volta:
9.00
10.00
11.00
12.00
13.00
14.00
15.00
16.00
17.00
18.00
19.00
20.00
21.00
1
0
0
1
2
7
3
1
3
0
4
8
0

Estes datos, ademáis da copia das enquisas entregáronse tamén ás partes interesadas, e xa se mantiveron conversas con responsables do sector de transportes.


Na fotografía amósanse as solicitudes presentadas no Concello sobre este asunto, xunto coas enquisas realizadas por esta Asociación, na principal parada de bus da parroquia de Chan de Brito.