7/6/19

Brincadeiras Miudiñas o 16 de xuño

Desde a Asociación Chandebrito 1807 convidamos a tódolas nenas e nenos a disfrutar coas "Brincadeiras Miudiñas" en Chan de Brito o vindeiro domingo 16 de xuño a partires das 16 horas, da man de Cé Orquestra Pantasma e a Cooperativa galega "Miudiño". As actividades serán as seguintes:

- Presentación do disco musical "A voar".
- Obradoiro de Creación de xoguetes libre.
- Espazo de xogo libre, con brinquedos tradicionais.

Lugar: Torreiro vello de festas do "Sobreiro", a carón da igrexa parroquial de Chan de Brito.
No caso de inclemencias meteorolóxicas celebrarase na antiga escola infantil -Rúa da Igrexa, 2-

A entrada é libre.