Esta Asociación presentou no dia de hoxe solicitude á Deputación de Pontevedra que dí así:
Na procura de que teñan en conta a nosa petición como algo ineludible e necesario, apelamos a esa parte mais sensible, empática e humana que as veces, as persoas, deixamos de escoitar por priorizar a economía e outros intereses que pouco teñen que ver coa mellora das condicións de vida dos que temos mais preto, a cidadanía.
Seguindo co argumentario, consideramos que non se debe demorar mais o inicio das obras reclamadas, pois ademais do dito na documentación aportada coas sinaturas, constitúen xa de por si un dereito de obrigado cumprimento, pois xogámonos de cotío a vida e a nosa integridade física e mental, cada día e cada hora que temos que facer uso da estrada que nos atinxe, sexa como viandantes ou como condutores. Que dicir cabe que as circunstancias, se non se acomete a obra reclamada ou similar, van a mudar a peor.
Primeiro, porque a actuación que si se está a acometer, a colocación de valos quitamedos pegadas ó firme asfaltado, ó ser a estrada tan estreita, sen liña divisoria de carril sequera, dificulta aínda mais a circulación e maniobrabilidade dos vehículos. Para os peóns, ciclistas e ciclomotores, ó ser os mais desprotexidos e lentos, xa non queda escapatoria posible.
Segundo, pero igual de transcendente, porque ademais do devandito aumento de tráfico experimentado nos últimos anos, por ser unha vía que vertebra poboacións que están crecendo de forma exponencial, Nigrán, Camos, Chandebrito, Vincios ou Valadares, e porque nos vindeiros meses, coa creación do futuro parque forestal Matos-Táboas, esta estrada será a principal vía de acceso ó único parque forestal do Concello de Nigrán.
Se poñen en dúbida algo do que aquí se lles expón, emprazámolos a que veñan nos seus vehículos, que cada vez, para mais contraste, os fabrican mais anchos, a comprobar in situ a veracidade das nosas afirmacións e argumentos.
Emprazámolos, como non, a que se acheguen a esta estrada que lles merece tan pouca importancia. Tanto a vostedes, señoras e señores do ente provincial, como as señoras e señores do Concello de Nigrán, pois a pesares de que agora estes últimos queren apuntarse un tanto cara a galería, polo que se desprende da derradeira nota de prensa enviada a un medio de comunicación, na que eluden toda responsabilidade da paralización dun proxecto do que participaban no 30%, e para mais atrevemento, mentres a cidadanía estamos dando a cara e facendo o traballo que eles tiñan que encabezar, permítense mentir en canto quen está propiciando a recolleita das sinaturas de apoio da petición, branqueando a súa xestión e a das asociacións inoperantes que manteñen, pretendendo aproveitar as coiunturas que os demais coas nosas inquietudes e conciencia, lles brindamos.
Polo anteriormente exposto, e para
concluír, SOLICITAMOS que, á maior
brevidade posible, e en todo caso, no prazo máximo de tres meses que se
estipulan, emitan resolución ó respecto, agardando que a mesma sexa acorde ó noso
sentir, e se executen as obras de ampliación, ensanche da EP2102 Vincios –
Nigrán ao seu paso polas parroquias de Chandebrito e Camos, co fin de crear
unha senda verde peonil que ofreza condicións de seguridade ás moitas persoas
que camiñan a diario polo citado vial, xa que actualmente fano pola calzada,
sufrindo un grave risco de atropelo e de colisión entre vehículos. Non
cesaremos nos nosos esforzos, vainos a vida nelo.
Por todo o exposto, procede a execución solicitada xa.
A esta solicitude achégase un escrito de apoio asinado por 661 persoas co seguinte texto:
Á iniciativa da veciñanza e demais usuarios que se sinten afectados, os abaixo firmantes, solicitamos ante quen corresponda, o inmediato inicio das obras de ampliación, ensanche e creación dunha senda verde aledaña a estrada EP2102, competencia da Deputación , no tramo comprendido entre o núcleo de poboación do barrio de Vilar, en san Roque de Camos, e o barrio de Pracíns, a altura do cruce das Rozadas, parroquia de Chandebrito. Podendo, se as circunstancias o demandan, ser ampliable a todo o trazado da antedita estrada.
Esta petición, débese a que na actualidade, ese tramo concreto, ten moito tráfico rodado e ó mesmo tempo, moita itinerancia de persoas camiñando a cotío polas súas beiras, non podendo evitar invadir a estrada en moito do seu percorrido, dada a sinuosidade e angostura da mesma, e a que non conta con beirarrúas nin arcén, o que constitúe un perigro constante para os peóns viandantes e para os distintos conductores usuarios do vial.
Así mesmo, comunicarlles que temos coñecemento de que a actuación reclamada, foi fai tempo anunciada. Pero a día de hoxe, a pesares de ser unha obra crucial para a vertebración, sostenibilidade, fomento de hábitos saludables e por suposto, para seguridade viaria, segue sendo unha débeda para a ciudadanía da comarca.
Por todo o exposto, procede a execución solicitada xa.