Esta Asociación apoiará e axudará na solicitude de subvencións para actuacións para a corrección de impactos paisaxísticos a aquelas persoas interesadas que teñan inmobles na parroquia de Chan de Brito.
As actuacións que poden ser obxecto de axuda son as seguintes:
- Tratamento de paredes medianeiras vistas, mediante cobertura con materiais de revestimento,
pintado ou tratamento vexetal, adaptadas aos criterios da Guía de cor e materiais de Galicia (CGCMG).
- Revestimento e pintado de fachadas actualmente rematadas en ladrillo cerámico ou bloque de
formigón sen revestir, adaptados aos CGCMG.
- Renovación do acabamento exterior das fachadas de edificacións (paramentos e carpintarías) que
supoñan un impacto paisaxístico como consecuencia da tonalidade e/ou a intensidade da actual
cor de acabamento, para substituílo por solucións adaptadas á GCMG.
- Remate exterior de cubertas realizadas con pranchas de fibrocemento, mediante a instalación
ben de tella cerámica ben de lousa, en función do material tradicional da comarca, de acordo
coas recomendacións da GCMG.
- Acondicionamento e mellora de peches de predios de gran dimensión (altura superior a 1,50
m.), mediante a substitución de muros opacos por solucións diáfanas ou sebes vexetais
adaptadas aos criterios da Guía de boas prácticas de caracterización e integración paisaxística
de valados (GBPCIPV).
- Revestimento de muros de cerramento de predios realizados con bloques de formigón, con
fábrica de pedra semellante á cachatería tradicional, adaptada aos criterios da GBPCIPV.
- Substitución de celosías e outros tipos semellantes de pezas prefabricadas de cerámica ou de
formigón, en cerramentos de predios, por solucións diáfanas ou sebes vexetais adaptadas aos
criterios da GBPCIPV.
O prazo de solicitude remata o vindeiro luns dia 31 de maio, e poderase realizar a través da páxina web https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MT402A
Ademáis, esta Asociación concederá unha axuda complementaria no caso de que as persoas interesadas non poidan completar a obra cos seus medios, para poder rematar tellados, recebar ou pintar fachadas, portas, fiestras, etc.
Para maior información, poden contactarnos escribindo ao enderezo de correo-e chandebrito1807@gmail.com .